"RG" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2188.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Centro cultural internacional establecido en París, coñecido tamén como Centre Beaubourg ou Centre Pompidou. Promovido polo presidente Georges Pompidou, inaugurouse en 1977. Está situado nun edificio construído polos arquitectos Renzo Piano e Richard Rogers, gañadores do concurso internacional convocado en 1971. Ademais de ter un importante arquivo documental, conta cunha biblioteca, hemeroteca, centro de deseño, discoteca, fototeca e cinemateca, e organiza numerosas actividades, como exposicións antolóxicas e revisións dos movementos artísticos dos ss XX e XXI. Ocúpase tamén da xestión do Musée National d’Art Moderne (MNAM) dende 1993. O edificio acolle tamén o Institut de Recherche et Coordination Acoustique/Musique (IRCAM) e un Centro de Creación Industrial (CCI).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo Sargadelos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome que recibe a obra en lingua latina Ecclesiastica historia secundum singulas centurias per aliquot studiosos et pios viros in urbe magdeburgica... Trátase dun compendio de estudios da historia da Igrexa publicado por un grupo de eruditos protestantes dirixidos por Matias Flacio, chamado Illyricus, do 1559 ao 1574.
-
DEPARTAMENTOS
Departamento do Uruguay, drenado polo río Negro (13.648 Km2; 81.218 h [1996]). A capital é Melo (42.329 h [1985]). A base da súa economía é a agricultura e a gandería (vacúa e lanar), e as industrias derivadas do sector gandeiro (la e coiro).
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Palencia, Castela e León, situado no alto val do río Pisuerga (2.796 h [1996]). A base da súa economía é a agricultura (hortalizas e froiteiras) e a gandería. Hai diversos encoros con centrais eléctricas e son importantes os xacementos de cobre e carbón. Na igrexa gótica de Santa María del Castillo destaca a capela de Santa Ana.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xeógrafo francés. Especializado en xeografía urbana e rexional, foi director do Instituto de Xeografía da Universidade de París. As súas obras máis importantes son Les villes (As cidades, 1948) e o Traité de Géographie Urbaine (Tratado de xeografía urbana, 1963).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Aplícase a cada un dos soldados da garda chamberga e ás pezas que formaban o seu uniforme, especialmente o sombreiro e a casaca.
-
-
Casaca militar na que o propio forro formaba as lapelas e as dobras das mangas. Formaba parte do vestiario do exército francés que comandaba Charles Schömberg durante a Guerra de Catalunya (1640-1652).
-
Sombreiro de ala ancha levantada por un lado e suxeitada cunha presilla empregado pola garda chamberga.
-
garda chamberga
Rexemento creado en Madrid por Mariana de Austria (1669) con funcións de garda real, que entre outras pezas da súa indumentaria lucía a chamberga e o chambergo. Xoán Xosé de Austria trasladou a garda chamberga a Sicilia e substituíuna por outra alemana.
-
-
Moeda de prata catalá do s XVIII e dun valor inferior ao real de Castela.
-
pintura á chamberga.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
alor da masa límite do núcleo de helio dunha estrela. Se este valor supera o 10-15% da masa total da estrela, o núcleo contráese rapidamente.
-
PERSOEIRO
Escritor inglés. Traduciu a Homero, Hesíodo e Petrarca. Como poeta foi o precursor dos metafísicos, tal e como amosa en The Shadow of the Night (A sombra da noite, 1593). Publicou as comedias The Blind Beggar of Alexandria (O mendigo cego de Alexandría, 1598), All Fools (Todos parvos, 1605), The Window’s Tears (As bágoas da fiestra, 1612) e as traxedias Bussy d’Ambois (1607) e The Conspiracy and Tragedy of Charles Duke of Byron (A conspiración e traxedia de Carlos duque de Byron, 1608).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor inglés. Traduciu a Homero, Hesíodo e Petrarca. Como poeta foi o precursor dos metafísicos, tal e como amosa en The Shadow of the Night (A sombra da noite, 1593). Publicou as comedias The Blind Beggar of Alexandria (O mendigo cego de Alexandría, 1598), All Fools (Todos parvos, 1605), The Window’s Tears (As bágoas da fiestra, 1612) e as traxedias Bussy d’Ambois (1607) e The Conspiracy and Tragedy of Charles Duke of Byron (A conspiración e traxedia de Carlos duque de Byron, 1608).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor e poeta. Viviu en Francia desde 1912, onde entrou en contacto co ambiente das primeiras vangardas artísticas. Influído pola visión cubista de Metzinger e Le Fauconnier, instalouse en Barcelona (1914-1918), onde coñeceu a obra de Picabia e realizou a exposición Art Ornamental na galería Dalmau, na que presentou obras de estilo abstracto. De volta a París aproximouse ás propostas estéticas dadaístas e colaborou en revistas como Pereroz Dadá. En 1927 coñeceu a Ozenfant e a súa pintura entrou nunha fase de reflexión antroposófica (Natureza morta con cunca branca, 1928), aínda que sen esquecer a inspiración dadaísta (Paisaxes elásticas, 1930). Nos anos corenta a súa obra caracterizouse pola idea do musicalismo marcado pola interpretación onírica das temáticas da música, do mar ou da auga: Tema musical (1942) e Sinfonía de Salmos de Stravinskij (1957). Da súa obra poética destacan títulos como Foute inmobile ou Le Ciel-Cloche (1919-1965).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fotógrafo alemán. Traballou de forma independente a partir de 1955, preferentemente na realización de retratos. Destacou pola súa concepción atrevida das imaxes das persoas e polos libros ilustrados sobre Colonia e a conca do Ruhr. Publicou: Cologne Intime (Colonia íntima, 1957), Unter Krahnenbäumen (Baixo as árbores de Krahnen, 1958), Im Ruhrgebiet (En Ruhrgebiet, 1958), Romanik am Rhein (Románico do Rin, 1959), Zwischenbilanz (Balance provisional, 1961) e Köln 5 Uhr 30 (Colonia ás cinco e media, 1970).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo palacio real de Berlín. A súa construción iniciouse en 1695 por Arnold Nering e as obras continuounas Johann Friedrich Eosander von Goethe entre 1701 e 1713, quen o coroou cunha cúpula esvelta. É probable que Andreas Schlüter interviñera na realización da súa parte central. Entre 1740 e 1746 Georg Wenzeslaus von Knobelsdorff ampliouno, e entre 1748 e 1790 Karl Gotthard Langhans construíu o teatro. Durante a Segunda Guerra Mundial sufriu un incendio. Restaurado posteriormente, é sede de distintos museos. Deu nome a un antigo concello e actual barrio de Berlín.
-
PERSOEIRO
Físico polaco. Doutorouse en 1954 no Collège de France. Dedicado á física de partículas na Organización Europea para a Investigación Nuclear (CERN), en 1968 inventou a cámara proporcional multifíos para o estudo do comportamento das partículas; por este motivo outorgóuselle o Premio Nobel de Física en 1992.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros que corresponde á locución ‘rei de trunfos na brisca’.
-
PERSOEIRO
Arquitecto francés. Formouse na École des Beaux-Arts de París. Estudiou a arquitectura romana despois de gañar o Grand Prix polos seus debuxos da reconstrución do Panteón. A súa obra, de carácter ecléctico, caracterizouse polo emprego dos materiais tradicionais da arquitectura parisiense. Das súas construcións destacan Le Parisien Office (1903) e a embaixada de Francia en Viena.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do departamento de Manche, na Baixa Normandía, Francia (90.000 h [1999]). Trátase dun centro portuario, no que destaca o comercio, o porto militar e o porto deportivo, un dos máis visitados de Francia. A industria é outro sector salientable da economía, onde a construción naval, os equipos electrónicos e a elaboración de alimentos, son as actividades principais. Durante a Idade Media disputárona ingleses e franceses. Foi ocupada por Alemaña na Segunda Guerra Mundial. Do seu patrimonio destacan a abadía de Voeu (s XII), o château des Ravalet (1562-1575), a igrexa de Notre-Dame du Voeu (s XIX) e o monumento aos mortos do Surcouf (1951).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente a Cherburgo ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Cherburgo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Chott situado no O dos altiplanos de Alxeria. Ten unha altitude media de 990 m e unha lonxitude de L a O duns 160 km.
-
PERSOEIRO
Pintor inglés. Viviu en Madrás, Calcuta, Cantón e Macau. Discípulo de West, realizou retratos dos persoeiros ingleses que vivían neses lugares e paisaxes orientais.
VER O DETALLE DO TERMO