Charlottenburg
Charlottenburg
Antigo palacio real de Berlín. A súa construción iniciouse en 1695 por Arnold Nering e as obras continuounas Johann Friedrich Eosander von Goethe entre 1701 e 1713, quen o coroou cunha cúpula esvelta. É probable que Andreas Schlüter interviñera na realización da súa parte central. Entre 1740 e 1746 Georg Wenzeslaus von Knobelsdorff ampliouno, e entre 1748 e 1790 Karl Gotthard Langhans construíu o teatro. Durante a Segunda Guerra Mundial sufriu un incendio. Restaurado posteriormente, é sede de distintos museos. Deu nome a un antigo concello e actual barrio de Berlín.