Charlton, William Robert
Xogador inglés de fútbol. Coñecido como Bobby Charlton, militou no Manchester United entre 1956 e 1973, club co que se proclamou campión da Liga inglesa en tres ocasións (1956-1957, 1964-1965 e 1966-1967), da Copa inglesa en 1963 e da Copa de Europa na tempada 1967-1968 tras vencer na final disputada en Wembley o Sport Lisboa e Benfica por 4-1. Coa selección de Inglaterra participou en 106 partidos e marcou 49 goles (14 deles nas fases finais dos tres Campionatos Mundiais nos que participou: Chile 1962, Inglaterra 1966 e México 1970). Foi un dos principais artífices da vitoria inglesa no Mundial de 1966, polo que a Raíña Isabel II lle outorgou o título de sir. Ao longo da súa carreira deportiva disputou 752 partidos oficiais e marcou 247 goles. En 1984 incorporouse á dirección do Manchester United.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Ashington, Northumberland