Charchoune, Serge Ivanovitch
Pintor e poeta. Viviu en Francia desde 1912, onde entrou en contacto co ambiente das primeiras vangardas artísticas. Influído pola visión cubista de Metzinger e Le Fauconnier, instalouse en Barcelona (1914-1918), onde coñeceu a obra de Picabia e realizou a exposición Art Ornamental na galería Dalmau, na que presentou obras de estilo abstracto. De volta a París aproximouse ás propostas estéticas dadaístas e colaborou en revistas como Pereroz Dadá. En 1927 coñeceu a Ozenfant e a súa pintura entrou nunha fase de reflexión antroposófica (Natureza morta con cunca branca, 1928), aínda que sen esquecer a inspiración dadaísta (Paisaxes elásticas, 1930). Nos anos corenta a súa obra caracterizouse pola idea do musicalismo marcado pola interpretación onírica das temáticas da música, do mar ou da auga: Tema musical (1942) e Sinfonía de Salmos de Stravinskij (1957). Da súa obra poética destacan títulos como Foute inmobile ou Le Ciel-Cloche (1919-1965).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Buguruslan, Rusia -
Deceso
Lugar : París