"Rab" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 681.

    1. Relativo ou pertencente a Trabada ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Trabada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Atleta. Ademais de conseguir o Campionato de España en diversas ocasións, proclamouse campión do Mundo en pista cuberta en 800 m, en París (1985), e campión de Europa da mesma especialidade en Budapest (1983). Recibiu a medalla de prata da Real Orden del Mérito Deportivo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Corda que serve para atar os fungueiros do carro cando vai moi cargado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que traba ou serve para trabar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal publicado en Ourense a partir de 1878 que cesou en marzo de 1880. De carácter independente e de tendencia progresista, era propiedade de Antonio Otero e foi dirixido por Manuel Curros Enríquez. Ofreceu información de interese xeral, con especial atención á política, á economía e á instrución.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Foi fundador de Esquerra Republicana de Catalunya e secretario de Lluís Companys. En 1933 foi elixido deputado a Corts. En 1977 fundou o partido político Unió Demòcrata del Progrés Social, de escasa presenza na política catalá.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Palabra ou frase que resulta difícil de pronunciar, principalmente cando se utiliza como un xogo para facer que alguén se equivoque.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que traballa moito ou que lle agrada traballar.

    2. Que ou quen desempeña unha profesión ou un oficio en calidade de asalariado.

    3. Persoa cuxa actividade profesional está dirixida a persoas, grupos e comunidades para axudalos a ter conciencia da súa realidade, así como a enfrontarse ás situacións conflitivas.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Realizar unha actividade física ou mental de maneira continuada e con esforzo, coa finalidade de obter algún resultado ou algo determinado.

      2. Desenvolver unha determinada actividade ou profesión.

    1. Realizar unha determinada actividade ou función unha máquina, un establecemento ou un organismo.

    2. Someter algo a unha acción continuada para dar a forma ou o estado que se desexa.

    3. Dedicarse con insistencia a conseguir algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Acción de traballar.

      2. Actividade consciente do home orientada a obter os bens ou medios para satisfacer as súas necesidades, transformando a natureza que o rodea coa finalidade de aumentar a súa utilidade. As formas concretas que pode tomar dependen dun conxunto complexo de factores tecnolóxicos e sociais. As súas posibilidades están limitadas pola natureza física do home, que só poden superarse coa produción de instrumentos de traballo, que a súa vez requiren que o home produza un excedente co seu traballo. O proceso configúrase, polo tanto, como a interrelación entre o obxecto de traballo, que é a natureza que este transforma, e os instrumentos de traballo, que xa son natureza transformada por traballo pasado ou morto, coas horas de traballo aplicadas no proceso ou traballo vivo. Por medio do traballo o individuo interrelaciónase cos outros membros da sociedade a causa do fenómeno da división do traballo que pode ser técnica ou social. Baixo o capitalismo, a capacidade de traballo que pode ser utilizada no...

      3. Actividade física ou mental que alguén desenvolve de maneira profesional e remunerada.

      4. Lugar onde se realiza unha actividade profesional.

      5. traballo a tempo parcial

        Relación laboral de carácter estable en que o empresario e o traballador acordan un tempo de traballo por debaixo da norma habitual, a diferenza do traballo a tempo completo.

      6. traballo social

        Actividade profesional propia dos traballadores sociais que consiste en analizar, sintetizar e interpretar as causas e os elementos implicados nunha realidade concreta, especialmente se é conflitiva, e en formular programas de acción xunto ás persoas afectadas. Como actividade profesional naceu nos países industrializados a finais do s XIX como resposta ás necesidades provocadas polos cambios socioeconómicos do momento.

      7. traballos forzados /

        Traballos aos que estaban obrigados algúns condenados por razón dun delito e que formaban parte da condena. Normalmente a condena tiña lugar nun campo de traballo, como os campos de concentración creados polos nazis desde 1934 ata o final da Segunda Guerra Mundial.

      1. Obra en que alguén traballa.

      2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que implica moito traballo ou esforzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Agolada baixo a advocación de san Mamede.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mesa formada por un taboleiro que se suxeita con cabaletes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Impedir o funcionamento ou o desenvolvemento normal de algo ou alguén.

    2. Unir unha cousa a outra.

    3. Iniciar ou dar comezo algo.

    4. Poñer unha traba a un animal.

    5. Apertar algo con forza entre os dentes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Táboa ou pedra que se coloca sobre o lintel dunha fiestra para protexela da chuvia.

    2. Conxunto de táboas que separan o teito do tellado, cando este non existe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Luís Vázquez Trabazo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Castro Caldelas baixo a advocación de santa Olaia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Peza, xeralmente prismática, moito máis longa que grosa e disposta horizontalmente, que serve para soportar as cargas que non gravitan directamente sobre unha parede ou unha pilastra. Os materiais que se empregan na súa construción foron a madeira, o ferro ou o formigón armado. Existen diversos tipos: a trabe apoiada, sostida por diferentes puntos de soporte; engatada, cos extremos fixados á estrutura; continua, cando consta dunha soa peza sostida en máis de dous puntos de apoio, e articulada ou trabe Gerber, cando presenta articulacións. Segundo a posición na obra pode chamarse vigueta, cando serve para formar sobrado; trabe mestra, cando serve de soporte para outras vigas; lintel, cando pecha unha abertura nunha parede; ménsula, cando só repousa nun extremo; cumio, cando é a parte superior dunha estrutura e forma a aresta de unión das dúas vertentes do tellado; trabe de parede cando está...

    VER O DETALLE DO TERMO