"Rei" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1485.

  • PARROQUIA

    Parroquia do concello da Fonsagrada baixo a advocación de san Xulián.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Samos baixo a advocación de san Silvestre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Sarreaus baixo a advocación de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que se asentou no val de Tortes, en Becerreá. As súas armas traen, en campo de prata, unha cruz latina, de goles; bordo de azul, cunha flor de lis, de ouro, en xefe, e tres aspas, de prata, unha en cada flanco e outra en punta. Outra variante leva, en campo de goles, unha espada de prata, coa punta cara a arriba e arrimada de seis besantes, de ouro, tres a cada lado. Adoita aparecer coa forma castelanizada Freijo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Outes baixo a advocación de san Xoán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Crecente baixo a advocación de san Roque.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello das Pontes de García Rodríguez baixo a advocación de san Xoán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Situada sobre o río Arnoia, entre Celanova e Cartelle. Trátase dunha ponte romana de perpiaños con catro vans e bóvedas de medio punto e tallamares triangulares. A súa configuración é simétrica con respecto ao piar central. Pertenceu a unha antiga vía romana de orixe secundaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Celanova. Construída no s XVIII, ten unha soa nave e capela maior con cuberta de madeira. No interior destacan o retablo maior (1759) coas tallas barrocas de santa Liberada, san Sebastián, san Torcado, san Rosendo e santa Cristina, esta última obra do mestre de Sobrado; e os retablos colaterais coas imaxes da Inmaculada (s XVII) e de santa Mariña. Na fachada destacan a porta principal, con molduras e frontón, e decorada cun escudo; e a espadana, que conserva restos do que puido ser un corpo destinado a un reloxo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que trae por armas un escudo partido: primeira partición, en campo de prata, cun freixo, de sinople; segunda partición, en campo de goles, con tres bandas, de prata. Outra variante leva, en campo de ouro, tres bandas, de goles; e, brochante sobre el todo, un piñeiro, de sinople. Tamén se recolle coa forma castelanizada Freijomil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo obreiro fundado en 1972 afín á Unión do Pobo Galego (UPG). A súa penetración centrouse maioritariamente en Vigo nas empresas Citroën, Barreras e Vulcano; na comarca de Ferrolterra, aínda que sen chegar ás grandes empresas Astano e Bazán; na Coruña, onde reclutou militantes procedentes de Comisións Obreiras, nos sectores de sanidade e da construción; e noutras comarcas achegou membros procedentes dos sectores obreiros cristiáns. En 1975 a UPG tomou conciencia da importancia de contar cun grupo sindical propio e constituíu o Sindicato Obreiro Galego. Editou O Eixo, Obradoiro, Adiante e Ferramenta Galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enfermidade hereditaria que comeza xeralmente na infancia ou na xuventude con esclerose dos cordóns laterais e dorsais da medula. Describiuna o médico alemán Nikolaus Friedreich (Würzburg 1826 - Heidelberg 1882). Tamén se coñece como ataxia de Friedreich.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que conduce, vixía ou patronea unha gabarra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación de carácter sindicalista editada a partir de setembro de 1968. Subtitulouse “Órgano das Comisións Obreiras”. Tentou ser un instrumento de comunicación para os traballadores no que se promovía a oposición ao réxime franquista e ao capitalismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista de carácter político aparecida na Coruña a partir de 1977. Editada inicialmente polo Partido do Traballo de España e órgano do comité nacional de Galicia, co tempo pasou a depender do Partido do Traballo de Galicia. Dirixida por Xosé A. Caramés, a partir de abril de 1977 ocupou ese cargo Xosé L. Burgos. Incluíu artigos referidos aos problemas económicos e políticos de Galicia, así como referencias á universidade galega e temas de carácter social. No seu interior, inseriu un informe referido a diversos sectores económicos de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REINOS

    Estado soberano que se constituíu no territorio de Galicia e as terras portuguesas ao N do Douro durante a Idade Media e que tivo como antecedente o Reino Suevo da Gallaecia. O primeiro período de Galicia como reino independente foi entre o 910 e o 914, cando Ordoño II a gobernou co título de Rei. Posteriormente Sancho I (926), expulsado de León por Afonso IV, refuxiouse en Galicia e gobernouna ata finais do 929, cando Galicia volveu a anexionarse ao Reino de León. No 1065, como consecuencia da repartición do reino efectuada por Fernando I, Galicia volveu ser independente e García I foi coroado rei. O novo monarca estableceu a capital do reino en Ribadavia e someteu a vasalaxe aos reis musulmáns de Badajoz e Sevilla. Tralo ataque de Afonso VI e Sancho III ao seu irmán García I, Galicia volveu incorporarse ao Reino de León de forma definitiva. Finalmente, en 1833 desapareceu formalmente o termo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor, xornalista, pedagogo e político. Nas súas novelas reflicte a vida dos llanos. Da súa produción destaca El último Solar (1920), publicada de novo en 1930 co título de Reinaldo Solar, La trepadora (1925), Doña Bárbara (1929), Cantaclaro (1934), Canaima (1935), Pobre negro (1937), El forastero (1952) e La doncella (1957). Foi ministro de Educación (1936) e presidente da República (1948), cargo que ocupou poucos meses ao ser derrocado por un golpe militar, tralo que se exiliou ata 1958. Doutor honoris causa pola Universidad de Costa Rica, pola Universidad Central de Venezuela e pola Universidad de Los Andes, foi membro da Academia Nacional de la Lengua de Venezuela e recibiu en 1958 o Premio Nacional de Literatura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo. Con só tres anos trasladouse a Vigo, onde desenvolveu o seu labor profesional. Licenciouse en Matemáticas na Universidade de Santiago de Compostela. Nos anos oitenta comezou o seu interese pola fotografía e a impresión gráfica. Colaborou en Faro de Vigo e diversas revistas como Tintimán, 40 x 50, Nó, Dorna e Galicia-Moda. Individualmente, expuxo Itinerario da cariátide, na sala Teucro de Pontevedra (1989), e Viaje al Pindo, na sala do Colexio de Arquitectos de Vigo (1995). Participou en diversas exposicións colectivas como os Encontros da Imagem de Braga (1988), Dende o Atlántico, en Xenebra (1988), na III e IV Fotobienal de Vigo celebradas en 1988 e 1990, respectivamente, e na mostra Palestina. Arte y palabra por la paz, en Santiago de Compostela (2002). Publicou Viaje al Pindo (1995) e El laberinto atlántico (2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Membro da Arcádia Lusitana, baixo o pseudónimo de Córidon Erimanteu, colaborou na Gazeta de Lisboa. Da súa produción destacan as Obras Poéticas (1778).

    VER O DETALLE DO TERMO