Freixo, Santa Cristina de
Freixo, Santa Cristina de
Igrexa parroquial situada en Celanova. Construída no s XVIII, ten unha soa nave e capela maior con cuberta de madeira. No interior destacan o retablo maior (1759) coas tallas barrocas de santa Liberada, san Sebastián, san Torcado, san Rosendo e santa Cristina, esta última obra do mestre de Sobrado; e os retablos colaterais coas imaxes da Inmaculada (s XVII) e de santa Mariña. Na fachada destacan a porta principal, con molduras e frontón, e decorada cun escudo; e a espadana, que conserva restos do que puido ser un corpo destinado a un reloxo.