"SS" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1221.

    1. Festa parroquial e feira anual propias dos Países Baixos e Flandres.

    2. Xénero pictórico que representa estas festas. Destaca a Kermesse de P. P. Rubens (1635-1638).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista francés. Escribiu Mary de Cork (1925), Belle de jour (1929), levada ao cine por Luis Buñuel; L’armée des ombres (1929), Le lion (1958) e Les cavaliers (1967).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mariscal alemán. Foi un dos creadores da Luftwaffe e converteuse en xefe do Estado Maior (1936). Entre 1939 e 1941 dirixiu a primeira e a segunda flotas aéreas nas campañas contra Polonia, Francia e Rusia. Condenado a morte por un tribunal británico (1947), conmutóuselle a pena en 1952.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REPUBLICAS

    República de Rusia (61.900 km2; 581.100 h [1997]). A súa capital é Abakán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Marrocos (8.305 km2; 486.000 h [estim 1994]). A súa capital é El-Khémisset (88.839 h [estim 1994]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Porto de Canadá nas Montañas Rochosas cunha altitude de 1.602 m.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei franco de Neustria e Soissons (561-584), fillo de Clotario I e Ingunda. Tivo que aceptar a división do reino franco cos seus irmáns Cariberto I, Guntram I e Sixeberto I de Austrasia. Casou (556) coa princesa Galsvinta, pero asasinouna para poder casar coa súa amante Fredegunda. Isto provocou unha guerra con Austrasia, onde reinaba Sixeberto I, casado con Bruniquilda, irmá de Galsvinta. A súa muller matou a Sixeberto I. Morreu asasinado durante unha cacería.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nastassja Nakszynski.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos kissi ou á súa lingua.

    2. Individuo do pobo kissi.

    3. Pobo de África occidental que habita en Serra Leona e Liberia. Dedicados tradicionalmente á agricultura, a súa economía compleméntase cunha pequena gandería. Profesan de xeito maioritario unha relixión animista que lle rende culto aos antepasados. A súa sociedade organízase en pequenas comunidades dirixidas por un xefe local e con familias patriarcais.

    4. Lingua níxer-congo que se fala en Sierra Leona e Liberia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión administrativa de Guinea (8.872 km2; 183.236 h [1983]). A capital é Kissidougou (30.724 h [1965]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Fürth, Baviera 23.5.1923) Político alemán. De orixe xudía, en 1938 emigrou a EE UU e licenciouse en Dereito en Harvard. Nomeado secretario de Estado, marcou as directrices da política exterior baixo as presidencias de R. Nixon (1973-1974) e G. Ford (1974-1977). Propugnou unha distensión simultánea coa URSS e China, pero non conseguiu solucionar o conflito en Oriente Próximo e a súa política intervencionista orixinou tensións cos países europeos e posibilitou a aparición de ditaduras enAmérica Latina. Durante a presidencia de R. Reagan elaborou o “Informe Kissinger” (1984), en apoio do intervencionismo, que foi rexeitado polo Congreso. Pola súa participación nos acordos de paz con Vietnam concedéronlle, xunto a Le Duc Tho, o Premio Nobel da Paz en 1973.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (París 1908 - Rossiniére, Suíza 2001) Pintor. Coñecido como Balthus, autodefiniuse   como narrativo e surrealista. As súas obras máis características son as que representan personaxes que camiñan polas rúas de París, adolescentes de expresión inxenua e ás veces maléfica seres illados dun mundo cheo de ambigüidades perturbadoras que transmiten soidade e inquedanza. Foi abandonando os aspectos máis descritivos das primeiras obras por unha abstracción representativa (Amencer, 1954).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (París 9.8.1905 - 16.8.2001) Escritor, pintor e escultor. Comezou os seus traballos artísticos en 1967, aínda que a sona internacional chegoulle en 1982 gracias á súa participación na Documenta 7. Participou no círculo literario de Rainer M. Rilke, André Gide, Pierre Bonnard e Georges Bataille, e colaborou cos realizadores cinematográficos Raúl Ruiz e Pierre Zuca. Traduciu e interpretou a Sade e a Nietzsche e escribiu Sade mon prochain (1947) e a triloxía Les Lois de l’hospitalité (1965).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga cidade de Creta, preto da actual Candia (ou Hēráklion). Habitada desde a época neolítica (VI-V milenio a C), destaca polos palacios construídos durante a época minoica. Arthur Evans dirixiu as primeiras escavacións, a restauración da cidade e estableceu a súa cronoloxía. Os restos do primeiro palacio, construído cara ao ano 2000 a C, mostran influencias de Exipto e do Oriente. Ao redor dun patio rectangular situáronse unha serie de construcións illadas. Cara a 1700 a C un terremoto arruinou o palacio. A reconstrución mantivo como eixe central o patio ao que se abriron as distintas dependencias, unidas mediante columnas e escaleiras. As columnas eran de madeira pero tiñan base de pedra, o fuste era liso, de cor vermella, e a medida que se achegaba ao capitel facíase máis ancho. O capitel formábano unha moldura convexa e un bloque prismático. A cuberta dos edificios tiña forma de terraza. No lado O do patio situouse a zona administrativa e cortesá, na que destaca o salón do trono,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Peterburgo 1864 - 1910) Actriz rusa. Iniciouse no teatro afeccionado, concretamente na Sociedade da Arte e da Literatura de Moscova, onde traballou con Stanislavskij e onde aprendeu os principios organizativos e estéticos do que logo sería o Teatro de Arte de Moscova. En 1896 entrou no Teatro Alexandriski de Peterburgo, onde protagonizou A Gaivota. En 1902 creou a súa propia compañía, coa que produciu obras dos autores máis importantes do momento, como Chekhov, Gorki, Ibsen ou Maeterlinck. Apostou decididamente pola renovación teatral e contratou para a súa compañía a directores como Vsevolod Meyerhold ou Nikolai Evreinov ou a escenógrafos como Serge Soudeikine.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Rostock 1853 - Heidelberg 1927) Fisólogo, bioquímico e médico alemán. Investigou sobre as proteínas e determinou a súa acción nas bacterias. Identificou os ácidos nucleicos, illou a adenina e a guanina e descubriu a histidina nos espermatozoides. Tamén fixo traballos sobre a formación da urea, xunto con H. Dakin. Recibiu o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina en 1910 polos seus estudios sobre química celular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Burkina Faso (13.177 km2; 217.866 h [estim 1997]). A súa capital é Nouna (16.014 h [1985]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Monok, actual Borsod-Albaúj-Zemplén 1802 - Turín 1894) Político húngaro. Foi o principal líder da revolución democrático-burguesa de 1848 en Hungría, que proclamou a independencia e o nomeou gobernador presidente. Trala vitoria das tropas austro-rusas, exiliouse en Turquía e despois en Inglaterra e Italia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión de Guinea (16.405 km2; 136.926 h [1983]). A súa capital é Kousoussa (6.500 h [1965]).

    VER O DETALLE DO TERMO