"Sar" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 930.

  • Antropónimo feminino que provén do latín rosarium ‘roseira, xardín de rosas’. Fai referencia a un nome místico que alude a unha advocación mariana, Nosa Señora do Rosario, que ocupa o primeiro posto das advocacións marianas do s XIII. Presenta os hipocorísticos Charo, Chara e Mara, este de María Rosaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • AFLUENTES

    Afluente pola dereita do río Bibei. Nace e desemboca na parroquia de Froxais (Viana do Bolo).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • A orixe desta devoción xurdiu da suposta aparición da Virxe a san Domingos de Guzmán (1213), na cidade occitana de Albi. Parece ser que esta lle entregou ao santo unha sarta de doas e convidouno a recitar o rosario para honrar os misterios (de gozo, dor e gloria) da súa vida. Ata finais do s XVI, o culto e devoción ao Rosario limitouse aos conventos dominicanos e ao seu ámbito de acción. A súa festividade celébrase o 7 de outubro, e naceu dunha anterior na honra a Santa María das Vitorias, para conmemorar a Batalla de Lepanto (7 de outubro de 1571).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Santa Cruz de Tenerife, Canarias, situado na illa de Tenerife, ao SO da capital provincial (13.462 h [2001]). Posúe cultivos de plátanos, tomateiras, vides, cereais, e gandaría porcina e bovina. Tamén destaca a industria alimentaria, a pesca e o turismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enfermidade descrita por P. Rous (1911) producida por un virus que causa tumores nas aves e que está considerado como o primeiro retrovirus descuberto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • irar o carro facéndoo xirar sobre unha roda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cerralleiro e reloxeiro. De orixe francesa, traballou nas catedrais de Santiago de Compostela (1559) e Lugo (1570), e no mosteiro de Santa María de Sobrado (1572).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso franciscano. Doutor en Sagrada Teoloxía. Foi vicepresidente da Comisión Escotista Internacional encargada da edición crítica das obras de John Duns Escoto e profesor de teoloxía no Pontificio Ateneo Antonianum de Roma, colaborou en Liceo Franciscano e escribiu, entre outras obras, Nicolai de Ockham ofin, quaestiones disputatae di dilectione Dei e Nicolai de Ockham ofin, quaestiones disputatae de tradutione humanae naturae a primo parente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurista e político. Membro do Partido Galeguista, durante a Guerra Civil foi encarcerado, xunto ao seu irmán Camilo, e desenvolveron un intenso labor pedagóxico entre os presos. En 1940 dedicouse de novo ao ensino privado en Monforte de Lemos ata que rematou os estudos de dereito. Mantivo unha intensa actividade galeguista de oposición ao réxime franquista. En 1963 participou na fundación do Partido Socialista Galego e na sociedade cultural Escola Aberta (1978). Recibiu o Pedrón de Ouro (1986).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Asiria (1274-1245 a C). Xunto con seu pai Adad-Nirāri I (1307-1275 a C) e o seu fillo Tukulti-Ninurta I, conseguiu que Asiria fose unha das potencias de Oriente Próximo e Medio. Obtivo o seu principal triunfo sobre Hanigalbat, estado herdeiro de Mitanni. Construíu unha nova capital en Kalah (Nimrūd).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Asiria (858-824 a C), fillo de Asurnasirpal II. No L, fixo unha campaña contra Zamua, no altiplano iraniano. En 853 invadiu Siria, pero parece que foi detido en Qarqar, ante unha coalición dirixida por Hadadecer ou Adad-Idri de Damasco e Acab de Israel. En Cilicia someteu (836) o Reino de Tabal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Asiria (727-722 a C), fillo de Teglatfalasar III. Coñecido como Utulai en Babilonia, sufocou unha serie de revoltas en Siria-Palestina, das que destaca a de Osees, rei de Israel. Morreu cando intentaba conquistar Samaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Salgar un alimento para que se conserve.

    2. Aderezar un alimento antes de cociñalo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Desenvolvemento dunha vogal no interior dun grupo formado por unha consoante e unha soante, con transformación conseguinte da soante en consoante. Era un termo que empregaban os antigos gramáticos hindús. Por exemplo, o latín CERTUS (en grego êñéôόò), da raíz êñôïó-.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Transmisión incesante da alma no círculo da existencia (reencarnación). Algúns relaciónano coa idea védica do desexo de devir propio dos veda, unida á función rexeneradora do sacrificio, e outros relaciónano coa lei do Karma, segundo a cal no individuo hai tendencias (vāsana) acumuladas a través das accións pasadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Caldas de Reis baixo a advocación de san Clemente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Vedra baixo a advocación de san Miguel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Vedra baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e editor. Estudou arquitectura técnica e socioloxía e ciencias políticas en Madrid. Director de Edicións A Nosa Terra e presidente do diario do mesmo nome e da Fundación A Nosa Terra, é presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) desde 2005. Fundou e presidiu a agrupación cultural Lóstrego en Madrid e a agrupación cultural Avantar do Carballiño para a defensa do patrimonio cultural galego. Da súa obra poética, chea de elementos simbolistas e evocativos, destaca, Silencios e conversas de inverno (1978), Antonte das salamántigas (1980), O cántico da fonte (1982), Ortigas da memoria (1985), Mar do Fin da terra (1987), A Árvore das Sete Palabras (1990), Do olvido o río (1993), A escrita do silencio (1997), Evadne: a escrita da luz (1998), O rumor do distante: a escrita da terra (2001) e Variacións nube (2004).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político nicaraguano. Dirixiu desde 1927 as guerrillas nacionalistas contra o goberno de Chamorro, dirixido por EE UU, que interveu para detelo. Ao acceder á presidencia Juan Bautista Sacasa, pactou co goberno e depuxo as armas (1933), pero o xefe da garda nacional, Anastasio Somoza, fíxoo asasinar.

    VER O DETALLE DO TERMO