samsāra*

samsāra*
s m [RELIX]

Transmisión incesante da alma no círculo da existencia (reencarnación). Algúns relaciónano coa idea védica do desexo de devir propio dos veda, unida á función rexeneradora do sacrificio, e outros relaciónano coa lei do Karma, segundo a cal no individuo hai tendencias (vāsana) acumuladas a través das accións pasadas.