"URA" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1529.

  • Que ou quen esconxura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Facer un esconxuro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Torcedura ou distensión violenta dunha articulación sen luxación, con posible ruptura dun ligamento ou de fibras musculares periarticulares.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de escorrer.

    2. escorras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e escritor. Participou na Conspiración dos Numantinos, de carácter liberal, e exiliouse en 1824. Regresou a España en 1826. Entre 1847 e 1856 foi ministro da Gobernación, comisario real nas Filipinas e ministro plenipotenciario en Berlín. Cultivou a novela histórica á maneira de Walter Scott (El Conde de Candespina, 1832), lendas en verso (El bulto vestido de negro capuz, 1835) e dramas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Subproduto non metálico, de consistencia vidrosa, que se obtén na redución dos minerais para a obtención de metais ou no tratamento de purificación do metal fundido. Provén das impurezas do metal fundido ou da combinación da ganga do mineral cos fundentes e o material refractario, e sepárase da masa metálica flotando por riba desta, a causa do seu menor peso específico.

    2. Material expulsado polos volcáns, especialmente aquelas lavas que son máis viscosas e porosas, e que ao arrefriarse adopta formas sinuosas.

    3. Parte máis vil e desprezable de algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Santiago de Adelán (Alfoz). Ten planta en escuadra, con dous corpos de dúas alturas e unha torre no ángulo con tres alturas. Á primitiva construción engadíronselle outros corpos con funcións domésticas. Destaca a escalinata da fachada posterior que permitía o acceso a unha galería que non se conserva. A capela anexa dedícase a outros usos.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Acción de escribir.

      2. Representación da lingua falada tendo en conta as distintas realizacións das unidades gráficas (ideogramas, fonogramas, etc), as distintas realizacións históricas (xeroglífica, cuneiforme, etc) ou a calidade da súa execución (caligráfica, cursiva, clara, indescifrable, etc). Segundo os estudios de Harald Haarmann, naceu hai máis de 7.000 anos no sueste de Europa e tivo a súa continuación na área mediterránea centrada en Creta e Chipre. Esta primitiva cultura escrita, o mesmo ca a nacida en Sumer a finais do IV milenio a C e os sistemas gráficos autóctonos de Exipto, foi substituída por un novo sistema gráfico revolucionario: o alfabeto. Varios son os autores que estudiaron a historia da escritura e propuxeron distintas tipoloxías e definicións da mesma. Por exemplo, Ignace Gelb defínea como un sistema de intercomunicación por medio de signos visibles e convencionais. Este autor foi o primeiro en usar a palabra gramatoloxía para unha ciencia da escritura. J. Derrida, na súa obra...

      3. Conxunto de signos que se usan para escribir.

    1. Maneira ou estilo de escribir.

    2. Calquera cousa escrita.

      1. Documento en que se fai constar un acto ou negocio xurídico. Chámase escritura pública se se outorga en presenza de testemuñas ante notario, quen dá fe pública, e escritura privada se é obra de particulares sen intervención de ningún funcionario.

      2. escritura de tercio

        Escritura en que, para dar máis forza ao contrato, se impuña, como pena á parte que non cumprise, o pagamento dunha terceira parte da débeda ao fisco. Se o debedor non facía efectiva a obriga, podía ir preso.

      3. escritura social

        Documento mediante o cal se constitúe unha sociedade mercantil, que debe ser inscrita no Rexistro Mercantil. Con esta inscrición, a sociedade adquire personalidade xurídica.

    3. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de escriturar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á escritura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Facer constar por medio de escritura pública un outorgamento, un contrato, unha compra ou un feito.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á escritura pública.

    2. Que consta en escritura pública.

    3. escriturista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Escola de arquitectura pertencente á Universidad de Madrid. A súa orixe vincúlase aos estudios que se daban na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando. Trala reforma educativa de 1844, estes estudios desenvolvéronse na Escuela de Nobles Artes (1845) e en 1848 creouse a Escuela Especial de Arquitectura de Madrid, a primeira que funcionou en España. Dende 1936 a escola ocupa a sede na Ciudad Universitaria. Entre outros arquitectos galegos formáronse nela A. Álex Reylén, F. Castro Represas, J. A. Corrales, A. Fernández-Albalat, J. M. Gallego Jorreto, P. de Llano, I. Seara e A. de la Sota.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Modalidade da arte contemporánea que se sitúa a medio camiño entre a escultura e a pintura. Conxuga o relevo escultórico e a forma pictórica e concédelle grande importancia á cor -que se obtén dos propios materiais e non de forma externa- e á luz. Realízase sobre diferentes materiais, entre outros, o coiro, o plástico, as teas metálicas e elementos de refugallo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Arte e técnica de esculpir, modelar ou tallar obxectos en pedra, madeira, metal ou outro material.

    2. Obra esculpida. O significado ortodoxo do termo limítase ao oficio en que a produción da obra se realizaba por un procedemento de eliminación da materia. De xeito máis xeneralizado, fai referencia a toda obra tridimensional, independentemente da súa orixe, e inclúe aquelas obras realizadas con técnicas escultóricas que empregan procedementos baseados na adición de material. A escultura obtida por eliminación considérase unha peza definitiva: a esculpida en pedra, a talla en madeira e o metal cicelado, que convencionalmente se estudia no eido da ourivería. O traballo directo sobre a pedra, co emprego do punzón para desbastar o bloque, e a maza e o cicel para acabar a obra, exérceo o mesmo artista ou ben un axudante que fai o sacado de puntos do bloque definitivo segundo o modelo do autor. Outras ferramentas que se empregan nas fases sucesivas do traballo son a gubia e a lima grosa. Finalmente, líxase con pedra pómez ou area e, nalgúns casos, engádese unha pátina de cera ou aceite. Neste...

    3. Fundición ou baleirado que se realiza nos moldes das esculturas feitas a man.

    4. Escultura realizada con materiais brandos e que adoita distintas formas por causa da gravidade. Comezaron a realizalas os artistas vinculados á arte pop e logo os minimalistas.

    5. Escultura que cumpre unha función ornamental nunha estrutura arquitectónica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á escultura.

    2. Que é digno de ser esculpido pola súa beleza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Oposición sistemática á difusión da cultura, da educación e do progreso en xeral.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao escurantismo.

    2. Persoa que é partidaria ou que practica o escurantismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de esfolar ou esfolarse.

    VER O DETALLE DO TERMO