"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
GALICIA
Pintor. Desenvolveu a súa traxectoria artística en Arxentina onde emigrou de neno. Foi discípulo de Juan Manuel Blanes en Montevideo. Estudiou en Florencia cunha bolsa de goberno arxentino. Foi membro da primeira sociedade de artistas de Bos Aires, La Colmena, e colaborou no Almanaque Gallego. Entre as súas obras destacan: Retrato de Rosalía (1897), La llegada de las caravelas a San Salvador, Tropas en el Chaco e La primera misa-fundación de Buenos Aires por D. Juan de Garay.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
brionia.
-
PERSOEIRO
Conde de Bougainville. Navegante. Por encomenda real participou na expedición da volta ao mundo (1766-1769) a bordo da fragata La Boudeuse. Explorou Tahiti, o arquipélago de Samoa e descubriu as illas Salomón (a máis grande leva o seu nome), chegando tamén ás Molucas. Relatou a súa expedición no libro Voyage autour du monde (Viaxe arredor do mundo, 1771). Durante a guerra de independencia das Trece Colonias da Nova Inglaterra (embrión dos EE UU), comandou un escuadrón do exército francés aliado dos rebeldes. En 1796 foi designado membro do Institute de France.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Propietarios do Cirque d’Hiver de París, coñecidos por ser animadores destacados do circo en Francia e no resto de Europa. Actuaban como domadores de feras e cabalos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Diferencia que existe entre a gravidade de Bouguer e o valor teórico da gravidade que corresponde a aquel punto do xeoide. É a anomalía que permanece despois de ter considerado os efectos da topografía local.
-
PERSOEIRO
Escritor francés, máis coñecido polo pseudónimo de Saint-Georges de Bouhélier. Cultivou o ensaio, a poesía e sobre todo o teatro, coa súa obra O entroido dos nenos (1910). Escribiu tamén unha serie dramática de carácter histórico.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico francés. Foi profesor na facultade de Medicina de París, da que foi decano no ano 1848. É o precursor da obra de Broca no estudo das afasias por lesión cerebral (1825). É tamén autor de traballos moi importantes acerca das afeccións reumáticas do endocardio.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xeneral e político francés. Estudiou na escola militar de Saint-Cyr, participou na defensa de París contra os prusianos (1870), entrou na Asemblea Nacional coa promesa de reformar a Constitución de 1875 e, apoiado por Clemenceau, foi ministro de Guerra (1886-1887). Debido ao seu progama democratizador, aínda que con propostas pouco concretas, gañou a simpatía de todos os descontentos do goberno radical (republicanos, nacionalistas, obreiros e soldados). Os seus seguidores formaron o Comité Republicano Nacional, que venceu nas eleccións parciais de 1888-1889; sen embargo, a Boulanger faltoulle decisión para marchar sobre o Eliseo e tomar as rendas do país malia o apoio das clases populares, os soldados e a policia. O goberno aproveitou esa indecisión para anular as eleccións e acusar de complot contra o estado a Boulanger, quen fuxiu a Bruxelas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositora. Realizou estudios musicais no Conservatorio de París e foi discípula da súa irmá Nadia. Gañou o Gran Premio de Roma (1913). Compuxo poemas sinfónicos e cancións.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositora, profesora de composición musical e directora. Realizou estudios musicais no Conservatorio de París. Foi profesora de gran parte dos compositores máis destacados do s XX. Dende 1921 exerceu a docencia no Conservatoire Américain de Fontainebleau.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Sulfuro complexo de antimonio e chumbo, de fórmula Pb5 Sb4 S11. Cristaliza no sistema rómbico, aínda que está case sempre en masas informes de cor gris e de brillo metálico. Ten dureza 2, 5-3 e peso específico 6.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Marrocos (14.395 km5; 162.000 h [est 1994]). A súa capital é Boulemane (16. 717 h [1982]).
-
PERSOEIRO
Ebanista. Traballou para a corte. A súa obra caracterízase polas marqueterías de cobre, de carei ou de estaño, e tamén polos ornamentos de bronce puído e dourado.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Licenciada en Filoloxía Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela e profesora da mesma universidade. Traballa en temas relacionados coa lingua e a toponimia. Publicou: Contribución ao estudo do léxico de Valentín Lamas Carvajal (1986) e doutorouse coa tese Contribución ao estudo da antroponimia medieval galega (séculos VIII-XIII) (1993). Ten participado en volumes colectivos como Estudios dedicados a Celso Emilio Ferreiro (1992), Guía bibliográfica da lingüística galega (1996), Homenaxe a Pilar Vázquez Cuesta (1996) e Homenaxe a Ramón Lorenzo (1998), entre outros moitos. Ademais participou na elaboración do Dicionario normativo galego-castelán (1988), Vocabulario comercial básico (1988), Dicionario escolar galego (1990), Léxico administrativo castelán-galego (1991) e do Dicionario dos nomes galegos (1992). Colaboradora nas revistas Verba e Cadernos da Lingua...
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do departamento dos Hautes-de-Seine, na Île-de-France, Francia (101.971 h [1990]). Suburbio industrial no SO de París, chamouse Boulogne-sur-Seine ata 1925. É unha área residencial (Boulogne) e industrial (Billancourt), onde se localizan fábricas de automóbiles (Renault) e doutros sectores, como o aeronáutico, o químico e o farmacéutico.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
PERSOEIRO
Escultor e debuxante francés. Realizou estudios na École des Beaux-Arts de Toulouse e na École de Beaux-Arts de París (1884). Expuxo por primeira vez en 1884 e instalou o seu taller en París. Foi axudante de Auguste Rodin (1893-1908). As súas esculturas caracterízanse pola sobriedade xunto cunha gran concentración interior relacionada co Expresionismo (Cabeza de Apolo). O afán pola búsqueda do equilibrio levouno a continuar o Fauvismo e o Cubismo. Entre as súas obras destacan Estudios sobre Beethoven (1888-1891), Heracles arqueiro (1908-1909), Monumento a Mickiewicz (1910-1927), A Nai de Deus co neno (1920) e os baixorrelevos do Théâtre des Champs-Elysées (1910-1912).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor e miniaturista francés. Discípulo de Fouquet. Foi pintor oficial da corte de Francia. Realizou as miniaturas do libro Grandes heures de la reine Anne (Grandes horas da raíña Ana de Bretaña, 1508).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Barón de Bourgoing. Escritor e diplómatico francés. Foi embaixador en Madrid (1792 e 1793) e negociou os acordos que levaron ao Tratado de Basilea (1795). Escribiu Nouveau voyage en Espagne (Nova viaxe a España, 1788), titulada en edicións posteriores Tableau de l’Espagne moderne (Cadro da España moderna), obra de grande utilidade para os estudiosos da Península Ibérica do s XVIII.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Visionaria francesa. As súas obras, de carácter autobiográfico, foron censuradas.
VER O DETALLE DO TERMO