Bourdelle, Antoine

Bourdelle, Antoine

Escultor e debuxante francés. Realizou estudios na École des Beaux-Arts de Toulouse e na École de Beaux-Arts de París (1884). Expuxo por primeira vez en 1884 e instalou o seu taller en París. Foi axudante de Auguste Rodin (1893-1908). As súas esculturas caracterízanse pola sobriedade xunto cunha gran concentración interior relacionada co Expresionismo (Cabeza de Apolo). O afán pola búsqueda do equilibrio levouno a continuar o Fauvismo e o Cubismo. Entre as súas obras destacan Estudios sobre Beethoven (1888-1891), Heracles arqueiro (1908-1909), Monumento a Mickiewicz (1910-1927), A Nai de Deus co neno (1920) e os baixorrelevos do Théâtre des Champs-Elysées (1910-1912).

Cronoloxía

  • Deceso

    Lugar : Le Vésinet, Île

  • Nacemento

    Lugar : Montalban, Baixo Carcí

  • Deceso

    Lugar : France