"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • PERSOEIRO

    Xurista e escritor. Foi redactor do periódico La Esperanza ata 1870 e colaborou en El Eco Franciscano. Traduciu ao castelán os Himnos sacros, de Manzoni, e El anillo de Polícrates, de Schiller. Ademais da letra do Himno dos peregrinos ao Apóstolo Santiago, musicada por Santiago Tafall, escribiu Vicios de la locución de los naturales de Galicia (1884). Foi membro correspondente da Real Academia da Historia, da Real Academia Galega e da Real Academia de Jurisprudencia y Legislación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista e escritor. Ideoloxicamente, moveuse entre posturas liberais progresistas, posicións radicais e o federalismo. Foi vicepresidente da Sociedad Cooperativa de Trabajadores El Ahorro de Vigo e en 1881 integrouse na coalición republicano-liberal, contraria aos conservadores. Exerceu como redactor en diversas publicacións da época e foi fundador do Heraldo Gallego. Colaborou con artigos políticos e literarios en La Oliva, El Miño, El Obrero, La Aurora de Galicia, La Nación Española, El Gallego, El Correo Español e El Eco de Galicia, e publicou Cuentos vigueses (1881).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Cantautor. Formou parte do grupo Voces Ceibes. Da súa discografía destaca Pola unión (1977) e Os nomes das cousas (1978).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Director teatral arxentino. Iniciou a súa carreira profesional en Bos Aires, onde estudiou Medicina e Arte Dramática e onde en 1956 montou un espectáculo, El maleficio de la mariposa, no que partía do texto de Federico García Lorca. En París, en 1964, presentou os espectáculos El Retablillo de Don Cristobal, sobre un texto de Lorca e La rosa de papel, a partir dunha obra de Valle-Inclán, e despois Ubu Rei (1965), El gran teatro del mundo (1966) e El cementerio de automóbiles (1967), cos que obtivo un amplo recoñecemento. En 1969 iniciou unha colaboración coa compañía de Nuria Espert, coa que dirixiu os espectáculos As criadas (1969) e O balcón (1970), con textos de Genet, Yerma (1972), a partir da obra homónima de García Lorca, e Divinas Palabras (1976), versión da obra de Valle-Inclán. O seu traballo, ás veces discutido, orientouse cara á renovación do conxunto do espectáculo dramático, utilizando a miúdo para construír o aparato escénico unha grande espectacularidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo e cineasta. En 1977 fundou a editorial Cascorro Factory, dedicada ao cómic e dende 1981 colabora con El País. Dirixiu o filme No hables más de mí (1984) e realizou o libro de prensa El Dorado (1987), de Carlos Saura. En 1989 fundou o colectivo e a revista El Canto de la Tripulación. En 1994 participou en Londres no Spanish Art Festival e expuxo en París, Bruxelas, Cuba e México. Publicou Bikers (1994) e Madrid visto por (1994). En 1999 recibiu o Premio Nacional de Fotografía de España.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Artista plástico e profesor. As súas obras baséanse no estudo do plano e das súas posibilidades matéricas, no protagonismo do debuxo, a liña e o punto e na monocromía. Realizou tamén murais en edificios públicos, entre outros, un no aeroporto de Barajas. Realizou a súa primeira mostra individual no Círculo das Artes de Lugo (1964) e posteriormente expuxo en diversas cidades de España, Alemaña e Arxentina. A súa obra está, entre outros, no Museo de Arte Contemporánea Carlos Maside de Sada e no Museo Municipal Quiñones de León de Vigo. Recibiu, entre outros galardóns, a Medalla al Mérito de las Bellas Artes do Ministerio de Educación e Ciencia (1973) e o primeiro premio de pintura da Bienal Nacional de Arte Universitario de Madrid (1974).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Moldura que protexe un recanto ou aresta. Tamén se denomina marco de protección.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de San Cibrao das Viñas baixo a advocación de santa Comba.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Local ou establecemento clandestino onde se xoga a xogos de azar.

    2. Local de diversión público que non ten boa reputación e está mal acondicionado.

    3. Casa ou cuarto pequeno mal arrombado e acondicionado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto e urbanista. En 1899 obtivo o Prix de Rome e trasladouse á capital italiana, onde realizou o proxecto da Cidade Industrial (1901-1904), caracterizada polo emprego do cemento armado, do ferro e do vidro. Foi o primeiro intento de urbanismo racionalista. Foi arquitecto de Lyon, onde construíu edificios públicos, matadoiros, barrios de vivendas encadradas nun plano unitario ou o Estadio Olímpico (1913-1916).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á vaca e ao boi que teñen os cornos curvados cara a arriba.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Mondoñedo. Foi declarada Ben de Interese Cultural en 1994.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador e crítico da arte. Director artístico da Galería de Arte Pardo Bazán da Coruña. Crítico de arte en Guía dos libros novos, colaborou na elaboración de catálogos e en diferentes publicacións. Participou, entre outras obras, en Artistas Galegos Pintores: rexionalismo III (1999) e Artistas Galegos Pintores: posguerra I figuracións (2000). Escribiu El arquitecto Rafael González Villar (1999), La galería gallega: una tipología tradicional en permanente evolución (1999) e Escultura gallega contemporánea: la cerámica como punto de partida (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Militar, xornalista e crítico musical. Estudiou ciencias e música en París e Londres. De regreso a España, ingresou na Academia de Caballería de Valladolid (1874) e, posteriormente, foi destinado ao rexemento real do norte. Finalizada a contenda cos carlistas, foi ascendido a tenente e recibiu a cruz vermella do mérito militar. En Madrid traballou no ministerio da Guerra e nos gabinetes de diversos ministros. Como secretario da comisión mixta das Academias de Historia e de San Fernando conseguiu que se catalogase toda a riqueza monumental e artística de España. Cómpre salientar o seu labor na creación da Cruz Vermella Española, o Teatro Nacional e o Círculo de Bellas Artes de Madrid. Colaborou en diversas publicacións, como La Ilustración Española y Americana, da que foi director; foi tamén correspondente de Le Petit Parisien e Le Journal. Escribiu o drama La segunda mujer (1906) e os libros Tratado de geografía, Topografía militar e Notas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e político. En 1845 trasladouse a Madrid onde fundou o xornal La Organización del Trabajo, defensor do fourierismo, e colaborou na sociedade secreta Los Hijos del Pueblo. Exiliado en Londres (1851-1854), entrou en contacto co socialismo internacional. Ao seu regreso publicou o xornal Las Barricadas e un opúsculo no que defendía a República federal, que lle custou un novo desterro, esta vez en Lisboa e Londres. Regresou co Sexenio e foi elixido deputado por Cádiz (1869) e por Sevilla (1872), e nomeado intendente xeral de Filipinas ao proclamarse a República. Coa Restauración exiliouse ata finais de 1879. Entre as súas obras cómpre citar La república democrática federal universal (1856) e Historia de las clases trabajadoras (1870). Baixo o pseudónimo de Alfonso Torres de Castilla publicou a obra en seis volumes Historia de las persecuciones políticas y religiosas (1863-1866).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Formouse na Escola de Artes e Oficios da Coruña e, cunha bolsa da deputación coruñesa, na Escuela de Bellas Artes de San Fernando de Madrid (1932-1935). Cultivou a paisaxe e o retrato.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Condución metálica de gran diámetro que se emprega para transportar os gases naturais ou de destilación dende os xacementos ou lugares de produción ata os centros de consumo ou de embarque.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor cinematográfico e teatral italiano. En 1943 debutou como actor de teatro. Fixo varias obras da man de Luchino Visconti antes de iniciar a súa carreira cinematográfica, como Troilo e Cresida ou Un tranvía chamado desexo. En 1952 creou, con Luigi Squarzina, a compañía Teatro de Arte, coa que presentou Hamlet. En 1960 iniciou unha nova andaina co Teatro Popular Italiano, onde contou coa colaboración de Luciano Lucignani. Con esta compañía ofreceu en 1962 no teatro grego de Siracusa unha versión completa da Orestía de Esquilo, na que colaborou Pier Paolo Pasolini como tradutor e adaptador. A finais dos setenta e principios dos oitenta volveu realizar espectáculos como Gassman en subasta (1976) ou Una noche con Vittorio Gassman (1983). O seu primeiro éxito no cine foi co filme Riso amaro (1949), ao que seguiron moitos outros títulos, como Anna (1951), La tratta delle bianche (1952), Cry of the Hunted (1953), The Glass Wall (1953), Rhapsody...

    VER O DETALLE DO TERMO