García, Víctor

García, Víctor

Director teatral arxentino. Iniciou a súa carreira profesional en Bos Aires, onde estudiou Medicina e Arte Dramática e onde en 1956 montou un espectáculo, El maleficio de la mariposa, no que partía do texto de Federico García Lorca. En París, en 1964, presentou os espectáculos El Retablillo de Don Cristobal, sobre un texto de Lorca e La rosa de papel, a partir dunha obra de Valle-Inclán, e despois Ubu Rei (1965), El gran teatro del mundo (1966) e El cementerio de automóbiles (1967), cos que obtivo un amplo recoñecemento. En 1969 iniciou unha colaboración coa compañía de Nuria Espert, coa que dirixiu os espectáculos As criadas (1969) e O balcón (1970), con textos de Genet, Yerma (1972), a partir da obra homónima de García Lorca, e Divinas Palabras (1976), versión da obra de Valle-Inclán. O seu traballo, ás veces discutido, orientouse cara á renovación do conxunto do espectáculo dramático, utilizando a miúdo para construír o aparato escénico unha grande espectacularidade.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Tucumán

  • Deceso

    Lugar : París