Garrido Villazán, Antonio

Garrido Villazán, Antonio

Militar, xornalista e crítico musical. Estudiou ciencias e música en París e Londres. De regreso a España, ingresou na Academia de Caballería de Valladolid (1874) e, posteriormente, foi destinado ao rexemento real do norte. Finalizada a contenda cos carlistas, foi ascendido a tenente e recibiu a cruz vermella do mérito militar. En Madrid traballou no ministerio da Guerra e nos gabinetes de diversos ministros. Como secretario da comisión mixta das Academias de Historia e de San Fernando conseguiu que se catalogase toda a riqueza monumental e artística de España. Cómpre salientar o seu labor na creación da Cruz Vermella Española, o Teatro Nacional e o Círculo de Bellas Artes de Madrid. Colaborou en diversas publicacións, como La Ilustración Española y Americana, da que foi director; foi tamén correspondente de Le Petit Parisien e Le Journal. Escribiu o drama La segunda mujer (1906) e os libros Tratado de geografía, Topografía militar e Notas estratégicas. Membro da Academia de Bellas Artes de San Fernando, oficial da Academia de Francia e correspondente da Real Academia Galega, foi galardoado coa cruz de Afonso XII.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : A Coruña

  • Deceso

    Lugar : Madrid