"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
PERSOEIRO
Actor e realizador cinematográfico británico. Formouse na Royal Academy of Dramatic Art de Londres (RADA), onde se graduou en 1981, carreira que continou na Royal Shakespeare Company. En 1987 fundou, con David Parfitt, a Renaissance Theatre Company, coa que conformou un repertorio de clásicos da literatura dramática universal, prestando especial atención á obra de William Shakespeare, e na que presentaba un conxunto de espectáculos nos que amosaba as súas calidades de actor e director. Interesado pola televisión e o cine, en 1988 estreou a película Henry V, pola que recibiu múltiples premios e varias nominacións para os Oscars de Hollywood. Como director de cine realizou tamén: Dead again (Volver morrer, 1991), Mary Shelley´s Frankenstein (Frankenstein de Mary Shelley, 1994) e Traballos de amor perdidos (2000).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Prado ou terreo caracterizado por ter moita humidade.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Toques baixo a advocación de santa Mariña.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Físico e inventor. Foi catedrático de Física e Química do Instituto de Oviedo (1903) e despois do da Coruña (1916). Acadou renome polos seus inventos, como un aparello para a inscrición mecánica automática das variacións do magnetismo terrestre e un receptor radiotelegráfico que permitiu rexistrar radiogramas a unha distancia de case dous mil quilómetros. En 1899 fundou e dirixiu na Coruña o primeiro gabinete radiográfico da cidade. Doutorouse coa memoria Estudio de las radiaciones hertzianas e publicou Registro de las señales hertzianas a grandes distancias (1916).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xurista, avogado, economista, escritor e político rexionalista. Formouse en Santiago de Compostela con Melchor Salvá Ormaechea, Benito Núñez Forcelledo e Luis Zamora Carrete, doutorándose en Madrid o 25 de maio de 1885 cunha tese titulada Reglas equitativas para trazar la línea divisoria entre ambas potestades, o sea entre los derechos y los intereses de la Iglesia y del Estado. Foi catedrático de Dereito Natural en Oviedo e de Economía Política e Facenda Pública na Universidade de Santiago de Compostela, feito que lle levou a publicar o primeiro Programa de Hacienda Pública (1888). En 1887 publicou dúas obras xurídicas: Fundamentos del derecho de propiedad e El principio fundamental del derecho: lecciones elementales de historia de la filosofía del derecho. Nesta obra definiu a súa filosofía do dereito, considerado como un poder inviolable de esixir doutro algo conforme á lei natural e como o poder moral abstracto que convén levar ao termo dunha relación...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista. En 1863 fundou, xunto a Ezequiel Fernández Miranda, o xornal coruñés El Avisador, cabeceira que máis tarde cambiou por El Anunciador, desaparecido en 1894. Como poeta editou Barcarola cantada por los carpinteros (1864) e La luz en la noche (1902). Dentro do eido da narrativa publicou María Pita (1863), Amante española (1864), e traduciu ao español La mujer del collar de terciopelo, de Alejandro Dumas e Mademoiselle La Fayette (1864), de Mole-Gentilhomme, entre outras.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Toques. Románica de finais do s XII, consta dunha nave e dunha ábsida rectangular prolongada cara ao L cunha sancristía engadida posteriormente. O arco triunfal é de medio punto, dobrado e de gran luz, non está sostido por columnas, senón polo propio muro, a través dunha imposta adornada con motivos vexetais moi estilizados.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Figura de nota musical formada por unha redonda e un pao; equivale, en duración, ao dobre da negra e á metade da redonda.
-
-
Moeda medieval de billón, múltiplo do denario e de lei xeralmente baixa. Foi cuñada en moitos estados cristiáns coa intención de substituír os múltiplos de prata por unha moeda de peor aliaxe. Denominábase así polo aspecto que presentaba despois do branqueo.
-
Antiga moeda de billón que valía medio maravedí. Tamén a houbo de prata con diferentes valores.
-
Moeda que na Galicia dos ss XIV e XV equivalía a tres denarios.
-
-
ariedade de uva branca que se cultiva nalgunhas comarcas galegas e, especialmente, na ourensá de Monterrei.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Prenome feminino procedente da tradición cristiá que equivale a Alba e Neves. Vén do xermánico *blank ‘branco, claro, brillante’, que habería de substituír practicamente o albus latino como adxectivo na lingua común. O nome adquiriu unha gran difusión pola sona de dona Branca de Castela, nai do Rei Luís IX o Santo de Francia. A súa festa celébrase o 5 de agosto agás en Pazos de Borbén, onde se conmemora o primeiro domingo de agosto.
-
PERSOEIRO
Filla de Xaime II e Branca de Anjou. En 1316 tomou o hábito dos hospitaleiros na catedral de Tarragona. Foi educada no mosteiro de Sixena onde foi priora en 1321. Renunciou ao priorado e pasou os seus últimos anos en Barcelona xunto á súa irmá María.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Raíña de Navarra polo seu matrimonio con Enrique I (1270). Foi nai de Xoana, casada co Rei Filipe o Fermoso de Francia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Princesa francesa e Raíña de Castela. Filla do duque Pedro de Borbón e de Isabel de Valois, casou co Rei Pedro I o Cruel (1351), quen a abandonou aos tres días de casar, e logo a perseguiu ata conseguir que a encarcerasen no castelo de Medina Sidonia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Raíña de Francia, filla de Otón IV, conde de Borgoña. Casou con Carlos IV de Francia. Acusada de adulterio, foi repudiada en 1322 e retirouse a unha abadía.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Raíña (1223-1226) e rexente de Francia (1226-1242). Filla de Afonso VIII de Castela e Leonor de Inglaterra, casou con Luís VIII de Francia. Foi rexente do seu fillo Luís IX durante a súa minoría.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Princesa francesa. Filla de Luís IX, casou con Fernando de la Cerda, fillo primoxénito de Afonso X. Trala morte do seu home (1275), retirouse a Francia por mor das disputas entre os seus fillos, os infantes de la Cerda, e Sancho IV.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Raíña de Aragón. Filla de Carlos II de Nápoles e Margarida de Hungría, casou con Xaime II. Tivo chancelería propia e foi nai de Afonso IV o Benigno.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Filla de Pedro II de Sicilia e Isabel de Corintia. Foi abadesa do convento das clarisas de Messina. Ocupada a cidade polos anxevinos, fixérona prisioneira en Nápoles. Despois de ser liberada, instalouse en Catalunya onde casou en 1364 co conde Joan I de Empuries, curmán de Pedro III o Cerimonioso.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Raíña de Navarra (1425-1441). Filla de Carlos III o Nobre e Leonor de Trastámara. Casou en 1402 con Martiño o Mozo, Rei de Sicilia e herdeiro da coroa de Aragón. Ao morrer este, gobernou Sicilia (1409-1415). Casou en segundas nupcias co futuro Xoán II de Aragón. Asociou ao trono de Navarra ao seu home, e ao nacer o fillo de ambos, Carlos, príncipe de Viana (1421), nomeouno herdeiro, pero no testamento estableceu que o príncipe non podería gobernar sen o consentimento do seu pai. Trala súa morte, comezou unha guerra civil entre os partidarios do príncipe de Viana e de Xoán II.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Raíña de Navarra (1461-1464). Filla de Xoán II de Aragón e de Branca I de Navarra. Xunto co seu irmán Carlos, príncipe de Viana, reclamou a seu pai os seus dereitos ao trono navarro, pero Xoán II desherdounos en favor da súa filla máis nova, Leonor (1455), casada con Gastón IV de Foix. Prisioneira do seu pai, Branca cedeu os seus dereitos a Enrique IV de Castela.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Duquesa de Milán. Filla ilexítima de Filippo Maria Visconti, duque de Milán, e de Agnese del Maino. En 1441 recibiu como dote Cremona e Pontremoli ao casar co condottiere Francesco Sforza, e en 1450 conseguiu a sucesión do seu pai. Morto Francesco Sforza en 1466, fíxose cargo do goberno en nome do seu fillo Galeazzo Maria.
VER O DETALLE DO TERMO