Branca
Branca
[ONOM]
Prenome feminino procedente da tradición cristiá que equivale a Alba e Neves. Vén do xermánico *blank ‘branco, claro, brillante’, que habería de substituír practicamente o albus latino como adxectivo na lingua común. O nome adquiriu unha gran difusión pola sona de dona Branca de Castela, nai do Rei Luís IX o Santo de Francia. A súa festa celébrase o 5 de agosto agás en Pazos de Borbén, onde se conmemora o primeiro domingo de agosto.