"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
PERSOEIRO
Compositor italiano. Estudiou no conservatorio de Nápoles e cultivou a ópera dentro do campo do verismo. Da súa produción destaca Andrea Chenier (1896), Fedora (1898) e Il re (1929).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor e arquitecto italiano. Formouse con Cimabue no estilo bizantino imperante en Italia no s XIII. A súa arte representa unha ruptura coa estilización da arte bizantina ao introducir un novo ideal de realidade mediante a renovación dos conceptos de espazo e da figura. Parece que participou na decoración da basílica superior de Asís, iniciada por Cimabue, e na execución dos frescos das Historias de san Francisco. En Padua realizou os frescos da capela da Arena ou dos Scrovegni (1305-1306) e, en Florencia, os frescos das capelas Bardi e Peruzzina Santa Croce e o Cristo de Santa Maria Novella (1295-1297). Traballou tamén en Roma na antiga basílica de San Pedro e en Nápoles, onde foi pintor da corte de Roberto de Anjou. En 1334 nomeárono mestre maior das obras da catedral de Santa Maria del Fiori en Florencia, onde comezou a construción do campanile. Traballou coa axuda de moitos colaboradores e a súa obra influíu sobre a maioría dos pintores florentinos e sieneses...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor, fillo de Stefano Florentino. Coñecido como Giottino, adscríbese á escola florentina de Giotto. Traballou en Roma para o Papa Urbano V. Atribúenselle unha Maxestade e unha Piedade, onde manifestou a influencia de Tomasso di Stefano e de Maso di Bianco.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Participou na fundación das JONS e, trala Guerra Civil, foi nomeado por F. Franco conselleiro nacional da FET y de las JONS e delegado da Confederación Nacional de Ex-combatientes. Ocupou a carteira de Traballo (1941-1957), desde a que puxo en marcha unha ampla lexislación social de carácter nacional-sindicalista: leis sobre o seguro de enfermidade, a hixiene e seguridade no traballo, e a introdución das pagas extraordinarias. En 1978 opúxose á instauración da democracia en España.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor e escritor. Fundou as revistas literarias Clavileño e Segrel. En 1960 recibiu o premio da Bienal de Pintura Xove de París e integrouse no grupo Phases de E. Jague. Regresou a México e en 1962 realizou a escenografía de La ópera del Orden, de Alejandro Jodorovsky. En 1968 obtivo a bolsa Guggenheim. Realizou as litografías para o libro Terra Nostra, de Carlos Fuentes (1975), e en 1980 doce tauromaquias con Pierre Alechinsky. A súa pintura é simbolista con referencias á historia de México. Das súas obras destaca a serie El sueño del caballero.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Pertenceu á xeración de pintores que marcaron a transición entre o romanticismo e o realismo, e que cultivaron a pintura de historia. Con motivo da caída de Isabel II, dirixiu o Museo del Prado e foi pintor de cámara de Amadeo I. Das súas obras destacan Salida de Colón de Palos e Fusilamiento de Torrijos y sus compañeros (1888). Cultivou tamén o retrato e a pintura de xénero, como El prestidigitador e El minué.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Diplomático italiano, duque de Giovenazzo e príncipe de Cellamare. Partidario de Filipe V durante a Guerra de Sucesión, o cardeal G. Alberoni nomeouno embaixador en París, onde conspirou contra o duque de Orléans. Descuberta a conspiración, volveu á Península Ibérica, onde foi nomeado vicerrei de Navarra (1718).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto e entallador italiano, irmán de Benedetto da Maiano. Coñecido como Giuliano da Maiano, traballou como entallador na catedral de Pisa, onde fixo o cadeirado do coro, e na catedral de Florencia, onde realizou os armarios da sancristía nova. En 1477 nomeárono arquitecto da catedral de Florencia. Contribuíu a difundir as primeiras formas renacentistas de Brunelleschi. Das súas obras destacan a capela de Santa Fina na colexiata de San Gimignano, o Palazzo Spannochi en Siena, a porta Capuana de Nápoles e a catedral de Faenza. Atribúenselle, entre outras obras, o Palazzo Venezia de Roma e o Palazzo Cuomo en Nápoles.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bandoleiro. En 1943 formou unha partida de bandoleiros na Sicilia occidental co obxectivo de separar Sicilia de Italia. Aliouse cos sectores dereitistas demócrata-cristiáns e axudou a reprimir as actividades dos militantes comunistas (matanza de Portella della Ginestra, 1947). Morreu asasinado. F. Rosi realizou un filme sobre a súa vida, titulado Salvatore Giuliano (1962).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Estadista inglés. Afiliado ao Tory Party, formou parte do goberno de Peel como ministro de Comercio (1843-1845) e como ministro das Colonias (1845-1846). Progresivamente foise afastando do conservadurismo, ata ingresar no Liberal Party (1859) e converterse en dirixente do partido (1867). Desempeñou os cargos de ministro de Finanzas (1859-1866) e primeiro ministro (1868-1874), desde os que despregou unha actividade reformadora de carácter progresista. Vencido nas eleccións de 1874 por Disraeli, iniciou unha dura campaña de crítica ás pretensións imperialistas deste, e propugnou a cambio unha política de equilibrio europeo. No seu segundo mandato (1880-1885) proxectou a Reform Act, reforma electoral (1884); e no terceiro (1886) e cuarto (1892-1894) tentou, sen éxito, que o parlamento aprobase conceder unha ampla autonomía para resolver o problema irlandés (Home rule).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Calquera sal ou éster do ácido glicérico, que contén na súa molécula o anión CH2OH-CHOH-COO-.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calquera sal do ácido glicerofosfórico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Preparación farmacéutica en que o excipiente se forma por glicerol; o que máis se coñece é o glicerolato de amidón.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calquera sal ou éster do ácido glicónico que, na súa molécula, contén o anión HOCH2 (CHOH)4COO-. O seu sal cálcico emprégase en medicina como fonte de calcio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Composto químico organofosforado que actúa coma herbicida. O seu mecanismo de acción é interferir a síntese de enzimas. Autorízase sobre monocotiledóneas anuais e perennes e tamén sobre dicotiledóneas en cultivos de cereais de inverno na presementeira, pasto, froitais, oliveira, viña e forestais. Catalógase coma de baixa perigosidade para o home, o seu prazo de seguridade é de 21 días. Tamén recibe o nome de glifosat.
-
-
glioma.
-
Glioblastoma que se forma por células de neuroglía de aspecto moi variable (poligonais, fusiformes, xigantes, etc).
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Prefixo de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘gravado’.
-
-
Estudio ou descrición das pedras duras e preciosas gravadas.
-
glíptica.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Museo de escultura e de glíptica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Amputación ou disección cirúrxica da lingua.