Giuliano di Leonardo d’Antonio

Giuliano di Leonardo d’Antonio

Arquitecto e entallador italiano, irmán de Benedetto da Maiano. Coñecido como Giuliano da Maiano, traballou como entallador na catedral de Pisa, onde fixo o cadeirado do coro, e na catedral de Florencia, onde realizou os armarios da sancristía nova. En 1477 nomeárono arquitecto da catedral de Florencia. Contribuíu a difundir as primeiras formas renacentistas de Brunelleschi. Das súas obras destacan a capela de Santa Fina na colexiata de San Gimignano, o Palazzo Spannochi en Siena, a porta Capuana de Nápoles e a catedral de Faenza. Atribúenselle, entre outras obras, o Palazzo Venezia de Roma e o Palazzo Cuomo en Nápoles.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Maiano

  • Deceso

    Lugar : Nápoles