"ABI" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 731.
-
PERSOEIRO
Duque de Suabia (1057-1080), fillo do conde de Rheinfelden. Obtivo o ducado de Suabia da Emperatriz Inés e casou con Matilde (1059), irmá do Emperador Enrique IV, con quen se enfrontou durante a Querela das Investiduras. Non recoñecido polo Papa Gregorio VII como emperador (1077), foi derrotado por Enrique IV en Turinxia (1078) e morreu en combate.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Agustín Castellón Campos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen está convencido de que sabe e entende de todo e obra en consecuencia.
-
-
de saber.
-
Que sabe moito.
-
Que xa se sabe porque é público ou é coñecido por todos.
-
sabichón.
-
-
PERSOEIRO
Médico e microbiólogo polaco. Naturalizado estadounidense, investigou numerosos virus infecciosos e descubriu e desenvolveu diversas vacinas, como a antipoliomielítica por vía oral.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Fotógrafo e deseñador gráfico. De nome Ramón Orlando López Sabín, iniciouse de xeito autodidacta na fotografía (1975) e fíxose profesional en 1979. Correspondente gráfico da Axencia EFE a partir de 1982, traballou para a Editorial Atlántico (1986-1987) e colaborou con La Voz de Galicia, Ferrol Diario ou Motor 16. Cun arquivo composto por máis de 30.000 fotografías, ilustrou numerosos libros e guías da Coruña, Lousame ou do Camiño de Peregrinación a Santiago. Recibiu o I Premio de Etnografía do Museo do Pobo Galego (1980) e o I Premio Colección Paisaxe da Asociación de Prensa de Ferrol (1989).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Proba para a diagnose bacteriolóxica da toxoplasmose.
-
-
Arbusto perennifolio e dioico, xeralmente baixo, con follas escamiformes decusadas, e con gálbulas esféricas ou oblongas, pruinosas e dun azul ennegrecido. Dáse sobre os 1.000 m nas cordilleiras da rexión mediterránea.
-
Pequena árbore perennifolia de ata 8 m de altura, frecuentemente en estado arbustivo, con follas lineais apuntadas nas plantas novas e con follas escamiformes imbricadas nas plantas adultas. Ten gálbulas esféricas e de cor vermella escura cando están maduras. Crece en lugares rochosos, como en aciñeirais pouco tupidos ou tras as dunas litorais da rexión mediterránea.
-
Arbusto de porte variable, de follas escamiformes, dispostas en 4 filas e aguzadas. Ten conos carnosos, ovoideos e de cor azul. Conteñen 1-2 sementes. Ten unha madeira de gran valor.
-
-
REXIÓNS
Rexión de Italia central, na rexión administrativa de Lacio, que comprende os montes Sabinos, a conca de Rieti, os vales medio e baixo do Turano e parte dos vales do Vellino, do Salto, do Tíber e do Aniene. A súa capital é Rieti. Habitada antigamente polos sabinos, en 290 a C foi sometida por Roma e seguiu a sorte do Imperio. Dividiuse entre os ducados de Spoleto e de Roma, e ao longo do s VIII gozou dunha gran prosperidade ata que foi devastada polos sarracenos (898). Unida á provincia umbra en 1861, en 1927 constituíuse como nova provincia, co nome de Rieti.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Joaquín Ramón Martínez Sabina.
-
PERSOEIRO
Escritor. Impulsor da cultura checa e teorizador da súa literatura, inscribiuse dentro da corrente romántica. Contribuíu á difusión da filosofía de Hegel no seu país. Das súas obras destacan Poesías (1841), o libro de relatos O sepultureiro (1837), a novela Fillos da luz (1863) e o ensaio O comunismo espiritual (1861).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Suposta mártir romana ou antioquense. Os seus actos foron probablemente inventados para explicar o titulus Sabinae, máis tarde titulus Sanctae Sabinae, da basílica do outeiro Aventino en Roma, coñecido xa no s V. Na súa iconografía represéntase ricamente vestida cun veo na cabeza, por ser viúva. Como atributos leva a palma, por ser mártir, e unha espada, instrumento do seu martirio; como atributo persoal unha ánfora, para indicar que asistía aos mártires. A súa festividade celébrase o 29 de agosto.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mártir. Morreu xunto cous seus irmáns, Vicente e Cristeta, ao esmagárselles a cabeza con pedras ou entre táboas de madeira. Unha serpe custodiou os corpos ata que se enroscou nun xudeu que ía profanalos e que despois se converteu e construíu un templo. Na súa iconografía represéntase con túnica romana e leva como atributo persoal unha serpe. A súa festividade celébrase o 27 de outubro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Emperatriz romana. Foi muller de Adriano (100) e obtivo o título de augusta (128). Consérvanse dela diversas esculturas e a súa efixie apareceu en numerosas moedas.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Huesca, Aragón, situado no extremo oriental do Canal de Berdún, á dereita do Gállego (8.578 h [2001]). Na súa economía destaca a industria química.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Unidade anglosaxoa de medida de absorción acústica, equivalente á absorción dun pé cadrado dunha superficie que absorbeu toda a enerxía que recibe.
-
RIOS
Río situado en Texas e Louisiana, EE UU. Nace preto de Dallas e desemboca no golfo de México tras 800 km de percorrido.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico estadounidense. Realizou estudos sobre a acústica das salas e a reverberación.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor mexicano. Formouse na Escuela de Filosofía y Letras (1949), onde coñeceu a Juan Rulfo e Guadalupe Dueñas. En 1950 publicou o seu primeiro poemario, Horal, posteriormente publicou Tarumba (1956) e recompilou gran parte da súa obra en Recuento de poemas (1962). Tras a súa visita a Cuba e a decepción política que sufriu co comunismo escribiu Yuria (1967), ao que seguiu Maltiempo (1972). Recibiu o Premio Nacional de Ciencias y Artes (1985).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente aos sabinianos.
-
Membro dunha escola de xurisprudencia romana fundada por Caio Casio Lonxino, condiscípulo de Masurio Sabino, de quen tomou o nome. Opostos á escola dos proculeianos, tiveron un talante máis conservador e representaban o ius gentium (normas das relacións cos estranxeiros ou entre estes e os cidadáns). A súa existencia e as súas controversias duraron ata os tempos de Marco Aurelio.
-