Sabina, santa
Sabina, santa
Mártir. Morreu xunto cous seus irmáns, Vicente e Cristeta, ao esmagárselles a cabeza con pedras ou entre táboas de madeira. Unha serpe custodiou os corpos ata que se enroscou nun xudeu que ía profanalos e que despois se converteu e construíu un templo. Na súa iconografía represéntase con túnica romana e leva como atributo persoal unha serpe. A súa festividade celébrase o 27 de outubro.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Talavera de la Reina