Sabina
Sabina
Rexión de Italia central, na rexión administrativa de Lacio, que comprende os montes Sabinos, a conca de Rieti, os vales medio e baixo do Turano e parte dos vales do Vellino, do Salto, do Tíber e do Aniene. A súa capital é Rieti. Habitada antigamente polos sabinos, en 290 a C foi sometida por Roma e seguiu a sorte do Imperio. Dividiuse entre os ducados de Spoleto e de Roma, e ao longo do s VIII gozou dunha gran prosperidade ata que foi devastada polos sarracenos (898). Unida á provincia umbra en 1861, en 1927 constituíuse como nova provincia, co nome de Rieti.