"ALE" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2433.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ciclo oroxénico producido no Paleozoico inferior, despois do Silúrico e antes do Devónico, hai uns 330 millóns de anos. Afectou sectores do N e do NL de Europa (Irlanda, Gales, Inglaterra setentrional, Escocia e Noruega), do N de Asia, Alasca, Canadá (sobre todo en Terranova) e tamén de Australia, Brasil e Groenlandia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao dobramento Caledoniano.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cadeas montañosas que se dobraron durante o ciclo oroxénico caledoniano.
-
-
Relativo ou pertencente á antiga Caledonia ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante da antiga Caledonia.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sulfocarbonato de chumbo e cobre, de fórmula Cu2Pb5(SO4)3(CO3)(OH)6. Cristaliza no sistema rómbico; preséntase en pequenos cristais moi brillantes, de cor azul. Ten dureza 2,5-3 e peso específico 5,7.
-
-
Acción e efecto de producir calor ou de quentar un local.
-
-
Conxunto de aparellos ou dispositivos destinados a quentar un local ou a producir calor nun proceso industrial. Os sistemas tradicionais de calefacción por combustión de leña ou de carbón (lareiras, chemineas, estufas) son coñecidos dende a Antigüidade. Modernamente, a calor foi producida empregando combustibles diversos, como carbón, petróleo, butano, etc, e tamén pola transformación dunha corrente eléctrica en calor ao pasar por unha resistencia (efecto Joule) ou por medio de certos cambios termodinámicos, como na bomba de calor.
-
calefacción central
Calefacción na que unha fonte única de calor quenta unha caldeira na que hai un fluído que, por uns canos, se distribúe polas diferentes pezas a quentar, nas que a calor é cedida ao aire por medio de radiadores, convectores ou outros dispositivos, e volve ao mesmo punto de saída por outros canos, establecendo así un circuíto pechado. Os fluídos máis empregados son a auga e o vapor de auga. A circulación da auga está orixinada por medio dunha bomba ou por un termosifón e a do vapor de auga pola presión da caldeira. Ás veces, o fluído empregado é o aire, que se quenta nunha cámara de calefacción e se conduce por uns condutos adecuados ata as pezas a quentar.
-
calefacción industrial
Sistema de calefacción no que o vapor de auga é conducido aos intercambiadores de calor, aos recipientes, ao rolo ou cámaras a quentar nun proceso industrial determinado. Nalgúns casos, en lugar de vapor, pódense facer circular líquidos que permitan o seu quentamento a altas temperaturas (200-300°C) sen grandes aumentos da tensión de vapor. Na calefacción ao aire libre tense empregado a calor radiada por un emisor de raios infravermellos.
-
calefacción por radiación
Calefacción na que a emisión de calor se efectúa a partir de grandes superficies quentadas a baixa temperatura (50-60°C), xa sexa por unha resistencia eléctrica longa ou por un serpentín de tubo por onde circula auga quente procedente dunha caldeira, dun quentador ou dun sistema de captadores solares. Tanto o fío coma o serpentín de tubo están embutidos no teito (teito radiante) ou no chan (chan radiante).
-
calefacción solar
Calefacción que utiliza a calor que irradia o Sol para quentar a auga que, impulsada por unha bomba, circula a través dunha batería de captadores solares instalados no exterior do edificio e que, unha vez quente, é enviada a radiadores de baixa temperatura ou ao serpentín dun chan radiante. Xeralmente, funcionan de xeito combinado cun sistema de calefacción convencional capaz de suplir os captadores, aínda que só parcialmente, en períodos de ausencia de insolación, e cuns depósitos de acumulación que permiten almacenar a enerxía producida nos períodos de máxima insolación.
-
-
-
-
Persoa que constrúe, instala ou amaña aparatos de calefacción.
-
Aparello produtor de calor destinado á calefacción dun determinado lugar.
-
-
PERSOEIRO
Compositor e organista italiano. De gran sona no seu tempo, foi autor de obras escénicas, cantatas, oratorios e pezas sacras de grande éxito. Na súa produción destaca a peza escénica Deucalione e Pirra (1781) e varios tratados de harmonía.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
2caleiro.
-
PUNTA
Punta do litoral da parroquia de San Martiño de Xubia (concello de Narón), na beira setentrional da ría de Ferrol.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Táboa labrada polo medio formando unha especie de canle pola que sae a auga nunha fonte.
-
Canle que se coloca na beira das tellas para recoller e verter a auga da chuvia.
-
Parte cóncava das tellas.
-
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros que corresponde á voz ‘anaco’.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Apelido que ten a súa orixe nun alcume profesional (un caleiro é un individuo que ten por oficio a fabricación de cal) ou nun topónimo. O topónimo Caleiro pode facer referencia a un lugar de onde se extrae ou se extraía pedra calcaria para obter cal, á existencia dun forno onde se calcinaba esa pedra para a obtención do cal ou a unha pía, con auga e cal, onde se mergullaban as peles dos animais para quitarlles o pelo. Documéntase no s XIII: “Iohannes de Caleyro” (doc ano 1270 en E. Rivas Quintas Onomástica persoal do noroeste hispano, 1991, p 535). Aparece frecuentemente castelanizado: Calero.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Vilanova de Arousa baixo a advocación de santa María.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Persoa que fabrica ou vende cal.
-
Lugar onde se obtén o cal.
-
Forno onde se queima a pedra caliza.
-
-
-
Camiño estreito e fondo que hai entre dúas casas ou entre elevacións do terreo.
-
Canle pola que baixa o gran desde a moega cara á moa onde se moe o millo.
-
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Barcelona (8 Km2; 11.687 h [1996]). Cidade da costa mediterránea que contou cunha importante industria en xéneros de punto durante o s XIX. A súa economía baséase na agricultura (froitas e verduras) e no sector téxtil, ademais de ter un papel relevante o turismo, principalmente do N de Europa. Destaca a igrexa neoclásica de Santa Maria (s XVIII), as casas Galceran e Sivilla (s XVI) e a torre e a capela de Sant Elm (s XV).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Carreiro angosto, pedregoso e de difícil acceso que se formou polo paso frecuente de certos animais.
-
Tira estreita e fonda de terreo entre dúas casas contiguas ou entre valados.
-
-
Depresión ou fosa entre montañas.
-
calello prelitoral
Depresión ou fosa entre unha liña montañosa e a liña da costa.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Figura literaria que consiste no reagrupamento das mesmas sílabas en distintas palabras, de forma que se produce un xogo de palabras de tal xeito que a secuencia en cuestión pode interpretarse de distintas maneiras. O recurso baséase na ambigüidade da fala, que permite distintas articulacións do material sonoro, dando lugar a diferentes unidades léxicas, fronte á fixación da lingua escrita, onde os elementos aparecen claramente segmentados. O seu carácter equívoco convérteo nun procedemento habitual nas adiviñas. Atópanse exemplos de calembur dende a literatura clásica, na obra de Plauto, Aristófanes ou Cicerón. Tamén é frecuente na poesía satírica do barroco castelán.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Segundo a lóxica aristotélica-escolástica, siloxismo da cuarta figura, na que a premisa maior é universal afirmativa e a premisa menor e a conclusión son universais negativas.
-
TERRITORIOS
Territorio do Sacro Imperio pertencente ao círculo da Baixa Saxonia. Permaneceu sempre ligado ás ramas da familia güelfa dos duques de Brunswick, agás un curto período no s XV.
VER O DETALLE DO TERMO