1 caleiro

1 caleiro

(< 4 cal)

  1. s m

    Táboa labrada polo medio formando unha especie de canle pola que sae a auga nunha fonte.

    Ex: O caleiro da fonte está vello e perde auga por un lado.

    Sinónimos: calexa, calexo.
  2. s m

    Canle que se coloca na beira das tellas para recoller e verter a auga da chuvia.

    Ex: Os nenos acantazaron o caleiro e agora pinga por todos os buratos.

    Sinónimos: calexa, caneiro, canlón.
  3. s m

    Parte cóncava das tellas.

    Ex: Co caleiro dunha tella vella fixo unha canle para a auga.

  4. s m

    Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros que corresponde á voz ‘anaco’.

Palabras veciñas

Calegari, Antonio | caleira | Caleira | 1 caleiro | Caleiro | Caleiro | 2 caleiro -ra