"Adá" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2197.
-
-
Demostración de afecto e cariño. Ex: Fíxolle catro churruscadas e xa quedou contenta.
-
Acción ou expresión graciosa e enxeñosa.
-
-
-
Cousa dita ou feita con gracia.
-
Cousa feita con coidado ou ben presentada.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
chuvasco.
-
VER O DETALLE DO TERMO
chuvisca.
-
VER O DETALLE DO TERMO
chuvisca.
-
-
Acción ou efecto de chuzar.
-
Dor aguda e repentina nalgunha parte do corpo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da xerga dos telleiros que corresponde á voz ‘lixo’.
-
-
Relativo ou pertencente ás cicadáceas.
-
Ximnosperma da familia das cicadáceas.
-
Familia de plantas da clase das cicadatas constituída por unhas 65 especies actuais e un gran número de fósiles de plantas que viviron desde o Carbonífero ata comezos do Xurásico. Son plantas arborescentes semellantes ás palmeiras ou aos fentos, cunha roseta de grandes follas pinnadas no ápice do talo. As especies actuais son propias dos países intertropicais e subtropicais, e algunhas, cultivadas como ornamentais, danse nos xardíns dos países temperados. O xénero máis representativo é Cycas.
-
-
-
Relativo ou pertencente ás cicadatas.
-
Planta da clase das cicadatas.
-
Clase de xinmospermas constituída por plantas dioicas con aspecto de fento ou de palmeira, normalmente con ramificacións soamente na base. Comprende catro familias (cicadáceas, boweniáceas, estanxeriáceas e zamiáceas) e once xéneros. Esténdense polas zonas tropicais e subtropicais de África, Asia, Australia, América e as illas occidentais do Pacífico.
-
-
ARQUIPELAGOS
Arquipélago do mar Exeo formado por vinte e catro illas maiores e unhas duascentas menores, que constitúe un nomós de Grecia (2.572 km2; 94.005 h [1991]). Destacan as illas de Siros, Delos, Andros, Melos, Tinos, Santorini, Naxos, Paros, Amorgós e Míkonos. A capital é Hermoúpolis, na illa de Siros (13.877 h [1981]). Os seus recursos principais, ademais do turismo, son a agricultura e a pesca. Estas illas poboáronse dende o Neolítico, no que destacou a denominada cultura cicládica que exerceu unha importante influencia artística sobre outros centros do Mar Exeo e que foi absorbida pola cultura micénica durante a Idade do Bronce. Incorporáronse á Liga de Delos (478-477 a C) e permaneceron baixo a influencia ateniense ata a Guerra Social (357-355 a C), cando se rebelaron. Sometidas a Macedonia e a Exipto de xeito alternativo, foron conquistadas no 88 a C por Mitrídates VI Eupátor, rei do Ponto, e posteriormente pasaron ao dominio de Roma. Na Idade Media estiveron baixo o...
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente á cidade ou aos seus habitantes.
-
Membro da comunidade política constituída pola cidade ou o Estado con diversas obrigas, como as militares e impositivas, unidas ao dereito de participación efectiva na administración pública. As orixes deste termo remóntanse á cultura grega, á polis, na que o dereito a formar parte dese grupo de privilexiados se obtiña por nacemento. Nos primeiros tempos da cidade de Roma a condición de cidadán, cos seus dereitos inherentes, estaba limitada aos membros varóns das familias que constituían unha gens. Durante a República, o título de cidadán estendeuse a un grupo máis numeroso da poboación que, xunto cos tradicionais dereitos á patria potestas ou ó culto familiar, adquiriu o dereito e a obriga á defensa armada da comunidade e á participación na actividade pública. O cidadán opúñase aos outros habitantes (escravos, metecos, hospites) que non gozaban de dereitos políticos. No Imperio (212 d C) o termo baleirouse de contido e a cidadanía estendeuse...
-
-
-
Condición social e dereito adquirido por nacemento ou naturalización dun membro dunha comunidade política ou cidade, fronte aos demais individuos e aos poderes do Estado. É unha calidade persoal e intransferible que xera dereitos e deberes definidos e perde pola exclusión temporal ou definitiva da comunidade xurídica. A cidadanía asociouse á Revolución Francesa (s XVIII), que derrocou a monarquía e permitiu aos subditos liberarse da súa condición e converterse en cidadáns con dereitos e leis establecidas por eles mesmos. O proceso polo que a cidadanía adquiriu poder iniciouse coa proclamación dos dereitos fundamentais de habeas corpus no s XVIII e continuou coa lenta difusión do sufraxio político no s XIX. No s XX a extensión dos dereitos sociais ás pensións, sanidade e educación completaron a definición de cidadanía moderna. As novas teorías definen a cidadanía como unha loita entre o sistema de clases sociais e os dereitos dos cidadáns, na que o sistema de clases emprega o mercado...
-
-
Relación entre un home libre e unha comunidade política ou Estado, na que o individuo ten obrigas e responsabilidades co Estado e a cambio adquire dereitos políticos plenos, que inclúen a participación na vida política e nos cargos públicos, e o dereito á protección. O concepto de cidadanía xurdiu nas cidades estado da antiga Grecia, onde se aplicou aos individuos posuidores de propiedades pero non ás mulleres, aos escravos ou aos membros máis pobres da comunidade, e supuña o dereito de voto e as obrigas de pagar impostos e prestar servizo militar. En Roma o título de cidadanía empregouse para distinguir os habitantes da cidade dos individuos dos pobos conquistados polos romanos e implicaba a posesión do dereito de voto nas asembleas (ius suffragii), do dereito para exercer cargos públicos (ius honorum), do dereito para contraer matrimonio (ius connubii) e do dereito para a posesión de bens patrimoniais (ius commercii). Os criterios que determinaban a...
-
carta de cidadanía
Documento que durante a Baixa Idade Media permitía ao forasteiro dunha cidade adquirir a condición de cidadán, con todas as vantaxes e obrigas correspondentes. O solicitante debía cumprir uns requisitos mínimos, entre eles, residir na cidade un ano e un día, ter casa aberta, contribuír coas cargas municipais e estar libre dos dereitos feudais.
-
-
Conxunto de cidadáns dun lugar. Ex: A cidadanía expresou a súa repulsa polos últimos actos vandálicos.
-
Comportamento do bo cidadán consistente na observación das leis de convivencia establecidas nunha sociedade.
-
-
-
Porción de comida que levan as aves no peteiro para as súas crías.
-
Cousa escasa, de pouco valor ou de pouca importancia.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
olume xerado polo desprazamento do conxunto dos pistóns dun motor durante unha volta completa do cegoñal, expresado en litros ou en centímetros cúbicos nos motores de explosión, mesmo nos países anglosaxóns. Trátase dun dos parámetros definitorios máis importantes das características dun motor e do vehículo que o leva. Tamén serve de base para definir tipos e clases nas competicións deportivas e para determinar as cotas de impostos nos organismos fiscais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome que adoptaron as Xornadas do Cine en Ourense na súa última edición, no ano 1978.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xornadas de cine promovidas polo Cineclub do Carballiño a partir de 1984 e que se organizan anualmente. A súa orixe foi o interese da dirección xeral de Cultura da Xunta de Galicia por aproveitar o labor que estaba a desenvolver este cineclub coa Semana de Cine. Nelas participaron un gran número de profesionais do sector: actores, directores, produtores, distribuidores, etc. Tamén se proxectaron gran cantidade de películas, curtametraxes, documentais e outras producións relacionadas co mundo da cinematografía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xornadas cinematográficas que tiveron a súa orixe nos anos 1970 e 1971 coa creación do Cine-Club Padre Feijoo. Luís Álvarez Pousa e Xosé Paz foron os principais impulsores desta actividade, que chegou a concretarse coa inauguración da “I Semán do Cine en Ourense” no mes de xaneiro de 1973. Estas xornadas foron decisivas na consolidación do cine en Galicia durante a década de 1970.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ruído producido polas cinzarras.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do latín dos chafoutas, ou xerga dos albaneis, que corresponde á voz ‘cagada’.
-
REPUBLICAS
Estado creado ao S do río Po polo xeneral Napoleón Bonaparte o 16 de outubro de 1796. Reunía os ducados de Modena e de Reggio, e as legacións pontificias de Boloña e Ferrara. En febreiro de 1917, trala sinatura do Tratado de Tolentino, incorporou a Romaña ao seu territorio. Desapareceu definitivamente o 17 de xullo de 1797, cando Napoleón decidiu integrala na República Cisalpina.
VER O DETALLE DO TERMO