"Anu" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1145.

  • GALICIA

    Xornalista e escritor. Traballou nos xornais El Miño de Ourense, Galicia Nueva de Vilagarcía de Arousa e Galicia Moza, onde coincidiu con Castelao. Vinculado ao agrarismo desde 1912, foi un dos sete asinantes do Manifesto de Ourense. Ao ano seguinte pasou a dirixir o xornal voceiro de Acción Gallega, El Heraldo Gallego, e o semanario vigués La Crónica. En 1915 trasladouse a Madrid onde colaborou en España Nueva, España Libre e El Liberal. Volveu a Galicia en 1918 e escribiu en La Zarpa, Vida Gallega e Galicia, ademais de colaborar co xornal barcelonés La Publicidad e os madrileños El Sol e La Sornada. Abandonou o movemento agrarista en 1922, ao que consideraba traidor a Galicia por terse presentado ás eleccións ao Parlamento español. Posteriormente dirixiu Faro de Vigo e foi asasinado pouco despois do alzamento militar de 1936. Como escritor destacan as novelas Pandemonium (1917) e La Fraticida, publicada en Correspondencia de España, a obra de teatro La hora grande e o ensaio El primer...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Foi socio fundador e secretario do Instituto Histórico e Geográfico Brasileiro desde 1845. De tendencia romántica, a súa obra A moreninha (1884) é a primeira manifestación destacada da novelística brasileira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Formado na Institución Libre de Enseñanza, na súa estadía en París asimilou elementos simbolistas. As súas primeiras composicións reflectiron o seu interese polo modernismo, abandonado posteriormente, e recuperado en Phoenix (1936). Utilizou unha linguaxe coloquial con raíces no modernismo e no folclore. Destacan as súas obras Alma (1900), de carácter modernista, e Alma, museo y cantares (1907), onde presenta aspectos máis persoais, de ruptura co modernismo e co simbolismo. Sobresaen tamén El mal poema (1909), Cante hondo (1912) e Sevilla y otros poemas (1920). Escribiu obras de teatro co seu irmán, das que sobresaen La Lola se va a los Puertos (1929) e La duquesa de Benamejí (1930). Presenta tamén dúas composicións de temática galega “Evocación“ e “Sinfonía gallega”. Foi membro da Real Academia Española.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Traballou no diario brasileiro A Actualidade e en La España, para logo fundar El Diario Español de Montevideo (1906), que dirixiu posteriormente un fillo seu.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xurista e escritor. Foi un dos fundadores do Seminario de Estudos Galegos (1923), onde traballou na área de filoloxía. Colaborador de diversas publicacións periódicas, como El Pueblo Gallego, Nós e A Nosa Terra, xunto con Filgueira Valverde, Lois Tobío e Cordal Carús, contribuíu á elaboración do Vocabulario popular galego-castelán, que se entregaba con El Pueblo Gallego. Ademais de diversos artigos de ensaio, publicou, dentro da colección Lar, os relatos O kalivera 30 H.P. (1926) e O filósofo de Tamarica (1926).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escultor. Foi alumno de Asorey, López del Riego e Acuña, e director da Escola de Artes e Oficios de Lugo. Desde a década de 1980 traballa nas obras inacabadas da Sagrada Familia de Barcelona, para as que realiza columnas, capiteis e pináculos no seu taller de Begonte. Recibiu a Medalla de Bronce de Galicia (2001) e a Medalla Castelao (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Formado na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando, colaborou en La hora e Alcalá, e realizou murais e escenografías para o Teatro Español Universitario. Introduciu a arte abstracta en España e foi un dos pioneiros da vangarda española da década de 1950. Traballou na renovación da pintura con obras como Verdes y redes (1950-1951), Ocre y gris (1960) e Composición (1960), onde expresou o paso da figuración cara ao xestual co establecemento dunha organización abstracta e xeométrica das relacións formais, cromáticas e lumínicas. Empregou a mancha firme de cores puras e abordou a estrutura compositiva e a diferenciación cromática. A finais desta década decantouse cara a unha abstracción baseada na action painting e amosou afinidades co grupo El Paso. Posteriormente, aventurouse no campo da escena e vinculouse ao mundo do teatro e do cine, onde traballou como figurinista e decorador e realizou as escenografías das obras teatrais La Celestina e Medea ou a ópera Norma. Traballou...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Antropólogo. Científico titular do CSIC, dirixiu o Instituto de Estudios Sociales Avanzados (IESA) en Barcelona (1996-1999). Realizou un importante labor de investigación sobre temas antropolóxicos de Galicia. Ademais, publicou diversos capítulos en obras colectivas e numerosos artigos en revistas como Grial, Boletín Auriense e El Museo de Pontevedra. Das súas obras destacan Loureses, antropoloxía dunha parroquia galega (1984), Las serpientes contra Santiago (1989), Que enterren o meu corazón en Loureses (1992), El valle de Josafat, un fresco de la España actual (1993), O ciclo da vida (1998), en colaboración con Fina M. Antón, En cueros vivos. Pensamiento de C. J. C. sobre el hombre (2002) e O burro (2002). Forma parte da Societé des Étudiés Euroasiatiques, da Societé de Mythologie Française e da EASA (European Association of Social Anthropologists). É membro fundador de EURETHNO (Organización de...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Manuel J. Francisco Prieto Comesaña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Primeiro home, pai da historia, proxenitor da raza humana e primeiro lexislador entre os vedas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Expresión que significa ‘co poder militar’ ou ‘coa forza das armas’, que se emprega cando se produce unha intervención militar.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Que se fai coas mans.

      2. Que realiza o traballo coas mans.

    1. Que é doado de manexar.

      1. Libro que expón as noticias fundamentais sobre un tema determinado, dunha maneira amplia e exhaustiva e que facilita unha consulta áxil e rápida.

      2. Libro que contén os ritos cos que se administran os sacramentos na liturxia.

    2. Dereito que cobraban pola súa sinatura os xuíces ordinarios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Incunable impreso en Ourense por Rodrigo de Lavandeira en 1510. Está entre as nove únicas impresións ou incunables da primeira década do s XVI en Galicia dos que existen exemplares. Consérvase un fragmento de 42 follas no arquivo parroquial de Santa Eufemia (Ourense), que descubriu Antonio Odriozola en 1979 nas gardas dun libro de bautizos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Incunable impreso o 10 de xuño de 1496 en Monterrei por Juan Gherlinc para a diocese de Braga. O único exemplar coñecido deste manual desapareceu no incendio da biblioteca do Pazo Arcebispal de Braga o 15 de abril de 1866.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Incunable impreso en Santiago de Compostela o 2 de setembro de 1532 por Pedro de Villalta e o mestre Nicolás de Saxonia. Deste manual, elaborado por orde do cardeal Pedro de Cebrián para a administración dos Santos Sacramentos, fixéronse 1.000 exemplares, seguindo o exemplo do xa feito para a diocese de Toledo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Picaporte que permite abrir ou pechar unha porta ou ventá.

    2. Mecanismo de transmisión ao que se lle pode imprimir un movemento de rotación.

    3. Tubo central da umbrela das medusas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de València, Comunitat Valenciana, situado en La Ribera Alta, no val baixo do río Albaida (2.450 h [2001]). A industria céntrase nos derivados da agricultura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe castelá da Baixa Idade Media que tivo a súa orixe no infante Manuel, fillo pequeno de Fernando III o Santo e Beatriz de Suabia. O patrimonio familiar dos Manuel tiña o seu centro nas comarcas orientais de Castela, fronteirizas coa Coroa de Aragón (Alarcón e Villena). O seu máximo esplendor produciuse na segunda metade do s XIV.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Manuel Antonio Pérez Sánchez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Déspota de Morea (1348-1380), fillo de Xoán VI Cantacuceno de Bizancio. Combateu contra a dinastía dos Paleólogos xunto ao emperador, que lle concedeu o despotado de Mistra. Converteu este territorio nun centro cultural de primeira orde para o mundo grego.

    VER O DETALLE DO TERMO