"ILi" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1725.

  • GALICIA

    Profesor de matemáticas e director da Escola de Belas Artes da Coruña. Cómpre destacar as súas obras Tratado de aritmética y geometría para los alumnos de esta asignatura en las Escuelas de Bellas Artes (1871) e Geometría (1872).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintora. Licenciouse en Belas Artes (1985). Realizou a súa primeira exposición individual en 1985 e participou, entre outras mostras colectivas, en Artistas Galegas Alecrín (Vigo, 1987), Imaxes a carón da aula (1990-1991) e no Certame de Artes Plásticas de Tui (1992 e 1993). Ilustrou Los lentos versos del Leteo (1989) de P. P. Gutiérrez. Recibiu o Primeiro Premio de Arte Xoven Galego de El Corte Inglés (Vigo, 1987).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Colaborador de Galicia, Follas novas, La Ilustración Española y Americana e Blanco y Negro, da súa produción destaca Munia (1894) e Bosquejos galaicos (1895).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Director e actor cinematográfico mexicano. Coñecido como o Indio Fernández, en 1946 foi premiado en Cannes o seu filme María Candelaria (1943). Realizou tamén Enamorada (1946) e Río escondido (1947). Como actor participou en La cucaracha (1958), The Night of the Iguana (1963), Pat Garret and Billy the Kid (1973) e Under the Volcano (1983).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Nápoles (Fernando IV; 1759-1806 e 1815-1816) de Sicilia (Fernando III; 1759-1816) e das Dúas Sicilias (1816-1825), fillo de Carlos VII de Nápoles. Recibiu os reinos de Nápoles e Sicilia cando o seu pai foi nomeado en 1759 rei de España (Carlos III). Formou parte da coalición contra Francia (1793) e o reino foi invadido polas tropas napoleónicas (1799), que fundaron a República Partenopea. Mediante a axuda dos británicos conseguiu reinar novamente e declaroulle a guerra a Francia. Perdeu o reino ante Napoleón (1806) e recuperouno en 1815. Reuniu os seus estados baixo o nome de Reino das Dúas Sicilias en 1816. A raíz da revolución de 1820, concedeu unha Constitución, que derrogou ao ano seguinte trala intervención da Santa Alianza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fernando I de Aragón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei das Dúas Sicilias (1830-1859), fillo e sucesor de Francisco I. O movemento revolucionario de 1848 obrigouno a conceder unha constitución, pero as divisións dos liberais permitíronlle non aplicala e levar a cabo unha forte represión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fernando II de Aragón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fernando I das Dúas Sicilias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor portugués. Licenciouse en Filoloxía Clásica na Universidade de Coimbra (1940) e, posteriormente, exerceu a docencia. Cultivou a novela neorrealista (O caminho fica longe, 1943) e o existencialismo marcou a súa obra posterior (Mudança, 1949; A face sangrenta, 1953). Da súa produción destacan ademais Do mundo original (1957), Carta ao futuro (1958), Aparição (Prémio Camilo Castelo Branco 1959), Espaço do invisível (1965), Alegria breve (Prémio da Casa da Imprensa 1965), Invocação ao meu corpo (1969), Para sempre (1983), Até ao fim (Grande Prémio Romance da Associação Portuguesa de Escritores 1987) e Cartas a Sandra (1996). Así mesmo, gañou o Prémio do Centro Português da Associação Internacional de Críticos Litérarios (1985), o Prémio Fémina (1990), o Prémio Europália (1991) e o Prémio Camões (1992).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Pertencente a unha familia de comerciantes acomodada da burguesía rendista agraria, dende rapaz viviu inmerso nun ambiente galeguista, pois seu pai fora un militante activo das Irmandades da Fala e amigo de Lois Porteiro Garea. Na súa mocidade achegouse á política da esquerda comprometida co seu país e tomou contacto cos intelectuais do Grupo Nós e cos poetas da Xeración de 1925, que se reunían no café Roma da cidade de Ourense. Publicou os seus primeiros versos no Heraldo de Galicia e fundou, xunto con Xosé Velo Mosquero, en 1934 a Federación de Mocedades Galeguistas de Celanova e dirixiu o seu voceiro, Guieiro. Outavoz patriótico da F.M.G., dirección que lle custou un proceso ao ano seguinte. Co alzamento militar fascista de 1936 paralizouse a súa actividade política e literaria e foi mobilizado polo exército franquista. Durante a contenda combateu na fronte de Asturias e nun permiso na súa vila natal en 1937, unha muller denunciouno por...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aliaxe de ferro e silicio, cun 22 a 95% de Si, que se emprega na desoxidación e na fabricación de aceiros especiais para usos eléctricos, para a construción e na fabricación de resortes. Obtense en forno eléctrico por redución de ferralla en presenza de cuarzo e coque ou carbón vexetal. Para porcentaxes de silicio inferiores ao 15%, pódese obter en alto forno.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de fértil.

    2. Posibilidade fisiolóxica de procrear. A demografía centra o seu interese nas mulleres, que permanecen en idade fértil entre a puberdade e a menopausia. Debido a que o inicio desas etapas se manifesta cunha gran desigualdade cronolóxica, en función dun conxunto de factores moi diversos -tanto intrínsecos (xenéticos), como extrínsecos (ambientais)-, a efectos estatísticos estableceuse convencionalmente como idade fértil o período comprendido entre os 15 e os 49 anos de idade. As taxas de fertilidade consideran o número de nacementos con respecto ao continxente de mulleres dunha poboación comprendidas nesas cohortes de idade, polo que poden ser moito máis precisas ca as taxas brutas de natalidade á hora de analizar o comportamento vexetativo desa poboación.

    3. Rituais e costumes polos que os homes, sobre todo nas civilizacións agrarias, expresaron o seu recoñemento do sagrado, que se manifestaba na colleita e, en xeral, na fertilidade da terra. Moitos destes rituais perduraron, con novas interpretacións, despois de que a denominada “relixión da terra” deixara paso a relixións universais como o cristianismo, o budismo ou o Islam. No ciclo cultural destacan as festas da sementeira, do comezo da colleita e sobre todo a do final da colleita, nas que eran frecuentes as prácticas como a hierogamia, a orxía e as ofrendas. Tamén se realizaba a ofrenda das primicias dos froitos, o derramamento do sangue das víctimas, os banquetes de comuñón e a aspersión con auga, e incluso con seme, entendida como unha fecundación mística da terra.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de fertilizar.

    2. fecundación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que fertiliza.

    2. Substancia orgánica ou química que serve para aumentar a fertilidade dun solo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Facer fértil ou máis fértil algo, especialmente a terra botándolle fertilizantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de fiable.

    2. Cantidade de crenza posta nun resultado ou nunha medida.

    3. Medida da confianza que se pode ter no funcionamento correcto dun sistema ou dun dos elementos que o compoñen. Pódese estudar a fiabilidade dun elemento e a do sistema no seu conxunto, en función do tempo, mediante tres nocións interrelacionadas: a supervivencia, a duración da vida e a probabilidade condicional de fallo ou avaría; destas, a máis instrutiva é a terceira. Cando a proporción de fallos é inicialmente elevada, denomínanse enfermidades infantís do sistema e procúranse eliminar rapidamente os elementos susceptibles de avaría prematura; nun segundo período prodúcense fallos aleatorios ocasionados só polo azar, sen previsión posible; o terceiro período é o de desgaste progresivo, no que pode ser conveniente substituír certos elementos para evitar avarías en momentos intempestivos, nunha operación chamada substitución preventiva.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma do externalismo que afirma que a crenza pode estar xustificada se a súa formación é o resultado dun proceso fiable, aínda que o crente non sexa consciente do que xustifica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Humanista e filósofo italiano. Fundou e dirixiu en Florencia (1462) unha academia dedicada á restauración do pensamento platónico, ao que considerou compatible coas doutrinas cristiás. Desenvolveu unha teoría do amor platónico na que o amor é unha atracción que, desde un plano físico, ascende cara a un plano espiritual, que no seu fin leva o amante ata Deus. Traduciu do latín, entre outros, todos os Diálogos de Platón e as Eneades de Plotino. Das súas obras destacan o Symposium (1469) e a Theologia platonica (1473).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tetrapirrol de cadea aberta, ligado a proteínas, que está presente nas cianobacterias e que funciona como pigmento accesorio na fotosíntese. Hai distintos tipos de ficobilinas, entre as que están as ficocianinas, de cor azul, e as ficoeritrinas, de cor vermella.

    VER O DETALLE DO TERMO