"Omo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 696.

  • PARROQUIA

    Parroquia do concello da Pobra de Trives baixo a advocación de san Miguel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Apelido de orixe galega que trae por armas: en campo de azul, cun brazo armado nacente do flanco destro, empuñando unha maza de prata, posta en banda, acompañada en punta de tres dados de prata con puntos de sable, colocados en faixa. Outro trae, en campo de goles, seis dados de prata, cos seus puntos de sable, colocados en dous paus de tres. Outro, escudo partido: primeira partición, en campo de azul, con tres flores de lis de ouro, ben ordenadas; segunda partición, en campo de goles, con seis dados de prata, os seus puntos de sable, colocados en dous paus de tres.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Ilustrado. Foi avogado, procurador xeral e rexedor da Coruña. Foi deputado pola Coruña na Xunta do Reino celebrada en 1800, un dos fundadores da Academia de Agricultura e un dos membros da Xunta Suprema e Gobernativa de Galicia (1808). Analizou o atraso económico de Galicia. Escribiu Estorbos y remedios de la riqueza de Galicia (1775).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e militar, fillo de Antonio Somoza. Coñecido como Tachito Somoza, foi presidente da república de Nicaragua (1967-1972 e 1974-1979). O seu réxime enfrontouse cunha oposición crecente, representada sobre todo polo Frente Sandinista de Liberación Nacional, que o derrotou.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político e rendista. A súa familia dominaba as terras de Sarria. Foi deputado pola provincia de Lugo (1843) e polo distrito de Sarria (1846-1854, 1857-1858).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (A Coruña 8.4.1892 - Montevideo 29.10.1951) Galeguista. Participou na fundación de Xuventudes Galeguistas e as Irmandades da Fala. Pertenceu á ORGA e participou no Pacto de Lestrobe (1930). Foi concelleiro da Coruña pola FRG (1931), presidente da Deputación da Coruña (1931-1932) e deputado pola Coruña por Izquierda Republicana (1936). A Guerra Civil obrigouno a permanecer oculto durante once anos. En 1947 fuxiu a París para logo instalarse en Montevideo, onde promoveu a audición radial Sempre en Galicia (1951) e colaborou no xornal Lealtad.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e militar. Formouse na Academia de Ingenieros de Guadalajara (1836-1841). Destinado a Filipinas, foi alcalde de Ilocos Norte e gobernador militar e político de Cebú. Moderado, foi redactor do xornal La Constancia. En 1868 sumouse ao carlismo. Foi deputado polas provincias de Lugo (1841-1843) e Pontevedra (1854-1856) e polas seccións de Lugo (1867-1868) e Sarria (1871-1872). O seu irmán Bieito Saavedra Somoza foi deputado polo distrito de Sarria (1854-1856, 1859-1861 e 1863-1864).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello da Estrada baixo a advocación de santo André.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político nicaraguano. Coñecido como Tacho Somoza, participou na revolución liberal de 1925. Comandante en xefe da garda nacional (1932), dirixiu a represión contra a guerrilla sandinista (1934). Dirixiu un golpe de estado contra o goberno de Sacasa (1937) e converteuse en presidente da República. Implantou unha ditadura reaccionaria e familiar, que continuou en mans dos seus descendentes. Sucedeuno o seu fillo Luis Somoza Debayle (1922-1967), presidente da república ata 1963.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia baixo a advocación de Santiago Seré que dá nome ao concello das Somozas, onde se atopa a capital municipal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da comarca de Ferrol, situado ao N da Comunidade Autónoma de Galicia, a 43° 31’ de latitude N e 7° 52’ de lonxitude O. Limita ao N con Cerdido e Ortigueira (comarca de Ortegal), ao L e ao S coas Pontes de García Rodríguez (comarca de Eume) e ao O con San Sadurniño e Moeche (comarca de Ferrol). Abrangue unha superficie de 70,9 km 2 cunha poboación de 1.374 h (2007), distribuída nas parroquias das Enchousas, Recemel, Seixas e As Somozas. A súa capital está no lugar da Igrexa, na parroquia das Somozas, que dista 34 km de Ferrol e 124 km de Santiago de Compostela. Pertence á provincia da Coruña, á diocese de Ferrol-Mondoñedo e ao partido xudicial de Ferrol.
    Xeografía física
    O territorio das Somozas localízase nunha zona de transición entre as serras de Forgoselo e da Faladoira e o val de San Sadurniño. O relevo caracterízase pola sinuosidade do terreo, con elevacións abundantes e continuas; destacan a Pena dos Ladróns (620 m), Vilalbesa (582 m)...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illa do arquipélago da illas Feroe, a maior delas, situada ao NO do arquipélago (392 km2 ; 20.562 h [estim 2000]). É a sede da capital do arquipélago, Tórshavn (16.673 h [2000]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade bancaria xaponesa fundada en 1895 como banco principal do zeibatsu Sumitomo, dedicado fundamentalmente á siderurxia e á petroquímica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pequeno escalpelo de folla corta e estreita utilizado para seccionar tendóns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten forma ou aspecto divinos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma de representación de deuses, espíritos ou demos, asociados a trazos animais ou simbolizados por estes. Foi característica en relixións como a exipcia e nos politeísmos clásicos, que non chegaron a suprimila de todo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Colorante ácido-base cuxa sal sódica se emprega na radiodiagnose da vesícula biliar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei dos tepanecas. Desde a cidade de Azcapotzalco foi dominando o resto das cidades rivais, situadas no val central de México, ata unificar a área clave do México central.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Descrición dun átomo, realizada por J. J. Thomson, que supón que a carga eléctrica positiva está repartida uniformemente nunha esfera dentro da que se distribúen os electróns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada unha das partes en que se divide unha obra impresa ou manuscrita de moita extensión e que xeralmente se corresponde a un volume encadernado separadamente.

    VER O DETALLE DO TERMO