"PAL" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 751.

    1. Acción de palpitar.

    2. Sensación consciente do latexo do corazón percibida na área precordial como unha sensación molesta para o paciente. OBS: Adoita empregarse en plural.

      1. Estado de arritmia cardíaca cun mínimo de 300 impulsos por minuto, sen que todos provoquen necesariamente unha contracción muscular polo fenómeno da refracción do nódulo, e que producen diferentes graos de bloqueo.

      2. palpitación auricular

        Onda que atravesa o nódulo aurículo-ventricular en todas as ocasións. No electrocardiograma obsérvanse ondas en dente de serra, rítmicos e regulares.

      3. palpitación nasal

        Dilatación do vestíbulo nasal en dispnea pola acción muscular dos elevadores da aleta do nariz.

      4. palpitación ventricular

        Situación semellante á fibrilación ventricular, de contracción rápida e débil dos ventrículos e inefectiva como bomba.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que palpita ou latexa.

    2. Que ten ou provoca un vivo interese ou unha forte emoción.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Executar o corazón os seus movementos naturais de contracción e dilatación.

      2. Moverse involuntariamente unha parte do corpo, xeralmente de forma rítmica.

      3. Aumentar de forma rápida a intensidade dos latexos do corazón.

    1. Dar alguén mostras evidentes dun sentimento ou paixón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada un dos apéndices móbiles que presentan preto da boca diversos grupos de animais, especialmente artrópodos, anélidos e moluscos, e que xeralmente teñen funcións táctiles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da verba dos arxinas, ou xerga dos canteiros, que corresponde á voz ‘escribir’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Girona, Catalunya, situado na costa de Baix Empordà (2.046 h [2001]). Na agricultura destacan os cultivos de hortalizas, árbores froiteiras, cereais, millo, forraxe e viña. O turismo, de tipo residencial, favoreceu a industrialización, especialmente con empresas de construción.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz cinematográfica. Comezou a súa carreira na gran pantalla co filme Shout (1991) de J. Hornaday. Destacou sobre todo co seu papel en Emma (1996), polo que recibiu o premio Golden Satellite. Da súa filmografía tamén cómpre salientar Shakespeare in love (1998), coa que obtivo un Oscar; The talented Mr. Ripley (1999) e Proof (2004).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Manto de cor púrpura, curto e prendido no ombreiro sobre a armadura, propio dos xenerais romanos, e que durante o imperio foi exclusivo do emperador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Despois dunha viaxe a América adoptou a defensa dunha tradición humanística relixiosa contra o materialismo e a influencia estadounidense nos costumes de Dinamarca. Escribiu as novelas De vestlige veje (Os camiños occidentais, 1922), Søgelys (Proxector, 1923), Fugle omkring fyret (Os paxaros ao redor do faro, 1925), Markerne modnes (Os campos maduran, 1927), Jørgen Stein og hans kreds (O círculo de Jorgen Stein, 1932-1933) e Dråbespil (1971).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor danés. Partiu dunha etapa romántica en que desenvolveu un estilo moi semellante ao de H. Heine, L. Musset e Lord Byron. Desta época destacan Raab til Polen (Berro a Polonia, 1831), Danserinden (A bailarina, 1833) e Amor og Psyche (Amor e Psique, 1834). A súa evolución cara a unha poesía amorosa e mitolóxica, antirromántica e ás veces pesimista, veu marcada polo poema épico satírico Adam Homo (1841-1849).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. palustre.

    2.   Relativo ou pertencente ao paludismo.

    3. Que ou quen está afectado de paludismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos pantanos ou marismas.

    2. Que habita en lugares pantanosos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao papa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Substancia espesa e branda de consistencia líquida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río de México, de 440 km de lonxitude, que nace nos montes do estado de Oaxaca e desemboca na lagoa de Tequiapán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • XACEMENTOS

    Xacemento arqueolóxico situado en Gandía (València). A escavación demostra a presenza das industrias normais en Europa Occidental, do Paleolítico Superior, época en que foi intensamente habitada; cunha cronoloxía que abrangue desde o Gravetense ao Madalense.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo valenciano de artistas de vangarda formado en 1957. Foi o primeiro foco de introdución do informalismo en València e, ao igual que os demais grupos artísticos da posguerra, naceu coa intención de conectar a creación artística valenciana co panorama internacional. Entre 1960 e 1964 o grupo perdeu a súa cohesión debido ás diferentes traxectorias artísticas dos seus integrantes. Dos seus membros destacaron Manuel Gil, Salvador Sòria, Monjalés, Eusebi Sempere, Isidoro Balaguer e Andreu Alfaro e o galego Xosé María de Labra. Editou a revista Arte Vivo (1957-1961).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parque de 22.000 m2 situado no concello de Vigo, en que se inclúen o pazo de Castrelos, rodeado de xardíns, o Museo Municipal Quiñones de León e un auditorio ao aire libre. O recinto está atravesado polo río Lagares e posúe árbores autóctonas como freixos, bidueiros e amieiros, e foráneas como araucarias e castiñeiros da India. Tamén hai piñeiros, salgueiros, magnolios e eucaliptos, entre outras moitas especies. Foi declarado BIC, xunto co pazo de Castrelos, en 1955.

    VER O DETALLE DO TERMO