"Pol" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1042.

  • Secreción esaxerada de leite nas femias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • poligalactia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Unión ou matrimonio dunha persoa con dúas ou máis ao mesmo tempo. Ademais da bigamia, inclúe a poliandria e a polixinia.

    2. Aparellamento dun animal con máis dun individuo do sexo oposto.

    3. Condición pola que un vexetal presenta flores hermafroditas, femininas e masculinas nun mesmo pé.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á poligamia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. poligámico.

    2. Que ou quen está casado ou unido con dúas ou máis persoas á vez.

    3. Aplícase ao macho que se aparea con diferentes femias.

      1. Que presenta flores unixesuais e flores hermafroditas.

      2. Aplícase ás flores dunha planta polígama.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aumento permanente do número de eritrocitos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que está escrito en diferentes linguas. Refírese sobre todo ás edicións da Biblia impresa en diferentes linguas (Biblia políglota), que presenta en forma paralela os textos orixinais e os dalgunhas versións antigas autorizadas. A primeira foi a Biblia Políglota Complutense.

    2. Que ou quen fala diferentes linguas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Condición de políglota.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Feto cunha patoloxía caracterizada pola presenza de apéndices no maxilar inferior que teñen o aspecto de maxilares supernumerarios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor grego, fillo e discípulo de Aglaofonte o Vello e irmán de Aristofonte. Non se conserva nada da súa obra, pero sábese que en Atenas traballou no templo dos Dióscuros, no Teseion, no Pórtico e na Pinacoteca dos Propileos da Acrópole e, en Delfos, representou a Caída de Troia e a Nekyia ou Descenso aos Infernos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás poligonáceas.

    2. Planta da familia das poligonáceas.

    3. Familia de poligonais integrada por plantas case sempre herbáceas, de follas simples, enteiras, alternas, tipicamente provistas dunha vaíña de orixe estipular chamada ócrea; de flores pouco vistosas, hermafroditas ou unisexuais, de xineceo súpero, polo xeral anemófilas e frecuentemente agrupadas, e con froitos en núcula. A maioría das súas especies son propias das rexións temperadas do hemisferio norte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Técnica empregada no alzamento topográfico que consiste en efectuar o conxunto de medidas dun terreo segundo unha rede de polígonos grandes (poligonación principal) que serve de base para determinar cos seus retículos os doutros polígonos máis pequenos (poligonación secundaria ou detallada), cuns lados que se axustan aos detalles do terreo.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente aos polígonos.

      2. Aplícase á figura que é un polígono ou ao poliedro que ten como sección transversal un polígono.

      3. alzamento poligonal

        Alzamento efectuado polos topógrafos seguindo no terreo unha liña poligonal.

    1. Aplícase á conexión en serie dos circuítos dun sistema polifásico, de xeito que forme un circuíto pechado en forma de polígono cos vértices sendo diversas fases ou estando conectadas a eles.

    2. Itinerario en que os puntos inicial e final non coinciden.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás poligonais.

    2. Planta da orde das poligonais.

    3. Orde de dicotiledóneas monoclamídeas que unicamente comprende a familia das poligonáceas.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Figura plana e pechada formada polos segmentos rectos P 1 P 2 , P 2 P 3 ,..., P n-1 P n e P n P 1 , que se chaman lados do polígono, sendo os puntos P 1 , P 2 ,..., P n , con n ≥ 3, os vértices do polígono. Unha diagonal do polígono é o segmento recto que une dous vértices non correlativos. Un polígono é equiangular se ten iguais os seus ángulos interiores, é equilátero se ten iguais os seus lados, e é regular se ten os ángulos e os lados iguais. Un polígono está circunscrito nunha circunferencia se os seus lados son tanxentes á circunferencia, e está inscrito nunha circunferencia se os seus vértices pertencen á circunferencia. Segundo o seu número de lados, algúns polígonos reciben as seguintes denominacións especiais: triángulo (3 lados), cuadrilátero, paralelogramo, rombo, romboide, rectángulo, cadrado, trapecio (4), pentágono (5),...

      2. polígono alabeado

        Figura pechada limitada por segmentos de recta que están en planos diferentes.

      3. polígono esférico

        Porción da superficie dunha esfera que está limitada por arcos de círculos máximos.

      1. polígono de forzas

        Construción gráfica que serve para atopar a resultante dun sistema de forzas calquera. Se F 1 , F 2 e F 3 son as forzas, a resultante R obtense debuxando vectores fixos representantes de F 1 , F 2 e F 3, de xeito que o extremo de cada un sexa a orixe do seguinte.

      2. polígono de sustentación

        Polígono convexo, o menor que cobre ou envolve o conxunto de puntos en que un corpo descansa nun plano.

      3. polígono funicular

        Construción gráfica usada en estática para atopar a recta de aplicación da resultante dun sistema de forzas.

      1. Terreo delimitado para un fin específico.

      2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Arte de escribir de forma secreta e en clave.

      2. Arte de descifrar os escritos desta clase.

    1. Obra ou colección de obras de varios autores sobre materias diversas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á poligrafía.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Especialista en poligrafía.

    2. Autor que escribe sobre materias ou temas diversos.

    3. detector de mentiras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase a un tipo de auga salobre cunha clorinidade que está moi próxima á da auga do mar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sulfato hidratado de magnesio, calcio e potasio, de fórmula K2Ca2Mg(SO4)4·2H2O. Preséntase polo xeral en agregados fibrosos, e máis raramente en masas laminadas ou en feixes. Pode ter unha cor vermella, branca, amarela ou gris. Dáse en Ische (Austria), Vic (Lorena) e Texas.

    VER O DETALLE DO TERMO