"RL" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1468.

  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Formouse no Instituto de Arquitectura de Berlín. Traballou en Tallinn como arquitecto municipal e en San Petersburgo. En 1816 trasladouse a Finlandia, onde introduciu o estilo neoclásico. Encargouse da reconstrución e do plano urbanístico de Helsinqui. Construíu, entre outras obras, o Senado (1818-1822), a universidade (1818-1832), a catedral luterana (1830-1840) e a biblioteca universitaria (1836-1844) da capital finlandesa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e escritor cubano. Comezou os seus estudios en Cuba e en 1924 asistiu á Pennsylvania Academy of Fine Arts de Philadelphia. Regresou a La Habana en 1925 e participou na Exposición de Arte Nuevo (1927). Viaxou a España e Francia e coñeceu o surrealismo (1930-1933). As súas obras caracterizáronse pola sensación de transparencia conseguida pola xustaposición de cores. Destacan, entre outras, El rapto de las mulatas, Caída de Martí en Dos Ríos, Campesinos felices e El duelo. Escribiu contos e novelas entre as que destaca Tilín García (1939). A súa obra móstrase no Museo Memorial Hurón Azul, instalado na que fora a súa residencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que parodia o xénero épico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Tenor alemán. Autodidacta, debutou en Stuttgart en 1970 e posteriormente foi cantante da Ópera de Múnic.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político sueco. Membro do partido socialdemócrata desde 1928, foi ministro sen carteira (1944-1945), de Educación (1945-1946) e primeiro ministro (1946-1969). Promoveu o achegamento a Europa, e durante o seu mandato Suecia entrou na Organización Europea para a Cooperación Económica (OECE, 1948) e no Consello de Europa (1949).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do länd de Baviera, Alemaña, na marxe dereita do río Pegnitz (100.750 h [2000]). A industria constitúe a base da súa economía, principalmente a electrónica, ademais da de elaboración de cervexa, papel, pintura e instrumentos musicais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor. Discípulo de J. Massenet e de L. Delibes, en 1888 outorgáronlle o Premio Roma pola súa cantata Velleda. Compuxo diversas obras sinfónicas, óperas e un Réquiem.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fisiólogo estadounidense. Estudiou nas universidades de California e Johns Hopkins de Baltimore e foi profesor nas de Wisconsin (1906), Washington (1910) e Johns Hopkins (1946). Especializouse no estudo da presión arterial, das patoloxías do corazón e sobre todo do sistema nervioso central. En 1944 recibiu o Premio Nobel de Medicina e Fisioloxía que compartiu con Herbert S. Gasser polos seus descubrimentos sobre a especificidade das funcións das fibras nerviosas. Publicou, en colaboración con H. S. Gasser, Electrical signs of nervous activity (Signos eléctricos da actividade nerviosa, 1937).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor alemán. Mestre de capela de Rudolstadt, estivo moi influído por Jean-Baptiste Lully. Musicou salmos e compuxo cantatas e motetes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tipo de matraz de forma cónica, xeralmente de vidro, ancho na base e estreito na vinca, con fondo plano e dunha soa boca, ideado por Richard Emil Erlenmeyer. É moi apropiado para realizar procedementos que requiran axitación manual.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico alemán. Foi profesor nas universidades de Frankfurt, Heidelberg e Múnic. Descubriu o ácido isobutírico, a isomería do ácido cinámico, a transposición pinacolínica e a síntese da tirosina. Ideou o tipo de matraz que leva o seu nome.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Duque de Curlandia (1737-1772). De nome Ernst Johann Biron, foi favorito da Emperatriz Ana I e cando esta morreu ocupou a rexencia durante a minoría de Iván VI (1740). A hostilidade da nobreza provocou o seu desterro a Siberia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor, debuxante, arquitecto e gravador francés. Coñecido como le Fils, formouse co seu pai Charles Errard (1570?-1630), coñecido como le Pére. Como pintor traballou na decoración, entre outros, dos palacios do Louvre e Versailles, e do Parlamento de Bretaña. No terreo da arquitectura realizou a igrexa da Asunción de París. Foi un dos primeiros membros da Académie Royale de Peinture et Sculpture, director da Académie de France en Roma (1666-1672) e membro da Accademia di San Luca de Roma.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase á cor vermella viva e intensa e ás cousas que a presentan.

    2. Materia colorante de cor vermella viva cun punto de amarelo. Extráese da cochinilla da especie Coccus ilicis que habita nas aciñeiras, tanto en Marrocos como na Península Ibérica.

    3. Tea de seda brocada, tinxida cun colorante extraído da cochinilla. Orixinariamente, este nome dábaselle a calquera tecido de seda brocada de moita calidade, independentemente da súa cor. A escarlata introducírona na Península Ibérica os musulmáns que fundaron en Almería un dos centros produtores máis importantes do s XII.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tea de la de cor escarlata ou semellante.

    2. Enfermidade infecciosa e moi contaxiosa, que predomina en nenos de 5 a 10 anos, causada polo estreptococo beta-hemolítico e a súa toxina. O período de incubación é de 3 a 6 días, despois maniféstase unha amigdalite grave con cefalalxia e febre, e de 12 a 48 horas despois aparece unha erupción típica na pel. Ao cabo duns 3 ou 4 días, a erupción atenúase e mellora o estado xeral; 2 ou 3 semanas despois pode haber complicacións graves: nefrite, infección reumática, cardiopatía, hepatite, etc.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar francés. Coñecido como Charles d’ Espagne, trala Revolución Francesa trasladouse cos seus pais ao Reino Unido e en 1792 a Mallorca. Loitou xunto aos exércitos españois durante a Guerra da Independencia, polo que recibiu o título de conde de España (1817). Apoiou a reacción absolutista de Fernando VII e durante o Trienio Liberal exiliouse a Menorca. Tralo restablecemento do absolutismo foi capitán en Aragón (1824), e en 1827 combateu en Catalunya a sublevación dos Malcontents. En 1832 foi nomeado capitán xeneral de Catalunya, onde destacou polos seus duros castigos. Pouco tempo despois foi substituído e tivo que fuxir a Italia ante a persecución popular. En 1838 adheriuse ao carlismo e foi nomeado capitán xeneral da zona carlista de Catalunya. Restableceu a orde con dureza, feito que lle valeu a súa destitución e posterior asasinato.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio de Mallorca, nas Illes Balears, situado na vertente meridional da serra de Tramuntana (3.507 h [1996]). Na agricultura, de escasa extensión, predominan os cultivos de secaño. As principais actividades económicas están relacionadas coa industria téxtil, dende o s XIX, e papeleira. De orixe mozárabe, durante toda a Idade Media estivo vinculada á agricultura de regadío. Do seu patrimonio cultural destaca o edificio da Granja, situado nun antigo convento cistercense reconstruído no s XVIII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Moeda inglesa cunha lei de tres diñeiros de prata, cuñada por Enrique II Plantagenet (1154-1189) e os seus sucesores. Aparecía o busto do rei coroado e no reverso unha cruz e tres grupos de tres puntos en cada ángulo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á libra esterlina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista. Director adxunto de Programas en TVE. Licenciouse en Xornalismo pola Universidad Complutense de Madrid e graduouse en programación pola Escuela Oficial de RTVE. Colaborou na revista Triunfo e escribiu guións para radio e televisión. Foi correspondente diplomático de TVE, director da Área Nacional e da Área Institucional de RTVE, director dos centros territoriais de TVE e director de organización e de programas de investigación de Antena 3. Concedéronlle a medalla de prata en Nova York Festival pola súa reportaxe Así murió Franco e unha mención especial no FIPA de Francia polo documental Los campos de la muerte.

    VER O DETALLE DO TERMO