escarlatina
escarlatina
(< escarlata)
-
s
f
Tea de la de cor escarlata ou semellante.
-
s
f
[PAT]
Enfermidade infecciosa e moi contaxiosa, que predomina en nenos de 5 a 10 anos, causada polo estreptococo beta-hemolítico e a súa toxina. O período de incubación é de 3 a 6 días, despois maniféstase unha amigdalite grave con cefalalxia e febre, e de 12 a 48 horas despois aparece unha erupción típica na pel. Ao cabo duns 3 ou 4 días, a erupción atenúase e mellora o estado xeral; 2 ou 3 semanas despois pode haber complicacións graves: nefrite, infección reumática, cardiopatía, hepatite, etc.