escarlata

escarlata

(

  1. adx e s f

    Aplícase á cor vermella viva e intensa e ás cousas que a presentan.

  2. s f

    Materia colorante de cor vermella viva cun punto de amarelo. Extráese da cochinilla da especie Coccus ilicis que habita nas aciñeiras, tanto en Marrocos como na Península Ibérica.

  3. s f [TÉXT]

    Tea de seda brocada, tinxida cun colorante extraído da cochinilla. Orixinariamente, este nome dábaselle a calquera tecido de seda brocada de moita calidade, independentemente da súa cor. A escarlata introducírona na Península Ibérica os musulmáns que fundaron en Almería un dos centros produtores máis importantes do s XII.