escarificador -ra

escarificador -ra

(< escarificar)

  1. adx

    Que escarifica.

  2. s m [TECNOL]

    Máquina utilizada para escarificar un terreo. Consiste nun bastimento metálico que vai montado na parte posterior dun tractor ou dunha máquina de obras públicas e que leva, na súa parte posterior, unha ou máis púas ou uñas que removen o terreo.

  3. s m [MED]

    Aparato para escarificar que contén unhas lancetas movidas por un resorte.

Palabras veciñas

escarcela | escarchar* | escarificación | escarificador -ra | escarificar | escarioso -sa | escarlata