"ROM" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1150.

    1. Relativo ou pertencente ao pobo meglenorromanés ou ao seu dialecto.

    2. Individuo do pobo meglenorromanés.

    3. Pobo romanés establecido en Macedonia cara aos ss XI-XII. Foron islamizados polos turcos e despois da Primeira Guerra Mundial perseguidos polos gregos.

    4. Dialecto romanés que fala o pobo meglenorromanés na rexión de Macedonia, ao NO de Salónica. Ten fortes influencias eslavas, sobre todo búlgaras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Denominación habitual coa que se coñece o mercurocromo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sal disódico de dibromohidroximercurifluoresceína. As súas solucións vermellas son empregadas como antisépticos en pequenas feridas. É denominado correntemente mercromina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao lago en que se produce meromixia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Falta de circulación vertical de toda a columna de auga dun lago, que provoca que haxa unha capa profunda de auga que só se mestura en raras ocasións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase a unha función que é analítica nunha rexión A, excepto nos polos, e onde A está contida no dominio desa función.

    VER O DETALLE DO TERMO
  •   (Madrid 19.02.1803 - 30.03.1882) Escritor. Iniciouse no campo da dramaturxia refundindo textos doutros autores, como Tirso de Molina ou Lope de Vega. Froito dese traballo foi a peza La señora de protección (1828). Colaborador da Revista española, especializouse na publicación de artigos costumistas co pseudónimo de El Curioso Parlante e fundou (1836) e dirixiu o Semanario pintoresco español. Influído por F. de Quevedo e R. de la Cruz, opúxose ao interese pola política do seu tempo e foi o promotor do costumismo español. No apartado sociopolítico foi deputado (1858) e cronista de Madrid (1864). Reflectiu de maneira maxistral escenas típicas do Madrid do s XIX, algunhas delas descritas en Manual de Madrid. Descripción de la Corte y de la Villa (1832). Da súa obra destacan fundamentalmente os seus artigos, recollidos en tres volumes, Panorama matritense (1835), Escenas matritenses (1842) e Tipos y caracteres (1862). Tamén publicou Recuerdos de viaje por Francia y Bélgica en 1840 y 1841 (1841),...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Propiedade que teñen algúns elementos histolóxicos de coller unha cor diferente da do resto do tecido do que forma parte pola influencia de certos colorantes básicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á metacromasia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Modificación da cor da pel e do pelo a causa da idade ou dunha enfermidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Técnica de coloración de superficies metálicas por recubrimento cun óxido metálico, sexa por electrodeposición ou por oxidación da superficie do metal tratado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento de gran precisión mediante o que se pode manexar utensilios, como pinceis, pipetas ou agullas, de dimensións microscópicas, para efectuar operacións moi delicadas como a inxección de substancias nunha célula, a disección de microorganismos, a montaxe de compoñentes electrónicos ou a microcirurxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Manómetro moi sensible, capaz de detectar pequenas variacións de presión.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Curtidade dos membros, con relación á lonxitude do tronco, que se dá nalgunhas formas de ananismo.

    2. acondroplasia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada un dos blastómeros pequenos dos ovos con segmentación desigual.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de peixes, da familia dos gádidos, ao que pertence a especie M. poutassou (lirio).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Técnica para medir algo empregando un micrómetro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao micrómetro ou á micrometría.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Unidade de lonxitude que equivale á millonésima parte do metro.

    2. Instrumento para a medida de lonxitudes pequenas, especialmente a imaxe dada por un telescopio ou un microscopio. Os micrómetros dos aparatos astronómicos constitúense por unha rede máis ou menos complexa de fíos e liñas moi finas. A rede actúa como unha escala graduada colocándose sobre o plano focal do obxectivo, polo que as imaxes dos corpos celestes obsérvanse sobrepostas. Os micrómetros dos microscopios son análogos aos dos aparatos astronómicos.

    3. Pálmer provisto dun transdutor electrónico que converte en sinal dixital a posición do caracol micrométrico respecto a un punto de referencia. Nun visualizador de pantalla de cristal líquido pódese ler a magnitude de dimensión medida.

    4. pálmer.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fungo microscópico.

    VER O DETALLE DO TERMO