mercurocromo

mercurocromo

(< ingl mercurochrome,marca rexistrada)

Nome científico: [C<sub> 20</sub> H<sub> 8</sub> Br<sub> 2</sub> HgNa<sub> 2</sub> O<sub> 6</sub> ]
s m [MED]

Sal disódico de dibromohidroximercurifluoresceína. As súas solucións vermellas son empregadas como antisépticos en pequenas feridas. É denominado correntemente mercromina.