Mercury, programa

Mercury, programa
[COSMON]

Primeiro programa de voos espaciais tripulados de EE UU, levado a termo baixo a dirección da NASA, que tivo por finalidade experimentar a capacidade humana de adaptación á ingravitación e ao mesmo tempo iniciarse na tecnoloxía necesaria para as misións tripuladas posteriores de máis alcance. En conxunto efectuáronse varios voos, seis tripulados, dos que dous   foron suborbitais, e os outros catro, orbitais. O programa comezou en 1958 e o primeiro voo suborbital tripulado por un ser humano tivo lugar en 1961, pilotado por Alan B. Shepard. En 1962 John H. Glenn fixo órbitas por primeira vez ao redor da Terra. O último dos seus voos tripulados acabou en 1963, e deu paso ao programa Gemini.

Palabras veciñas

mercurioso -sa | mercurocromo | Mercury, Freddie | Mercury, programa | merda | merdada | merdeiro -ra