"ovi" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 688.

  • PERSOEIRO

    Historiador ucraíno. Profesor na Universidade de Petrogrado desde 1918, escribiu numerosas obras, entre outras, A clase obreira na Revolución Francesa (1909-1911) e Europa na época do imperialismo, 1871-1919 (1927).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Diplomático. O Tsar Alexandre I enviouno a España, entre 1812 e 1820, onde promoveu a adhesión de España a Santa Alianza, en 1817.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto, escultor e pintor ucraíno. En 1913, despois dunha visita ao taller de Picasso, fixo os primeiros relevos polimatéricos de concepción abstracta, orixe do construtivismo. Na Revolución de 1917 foi máis intransixente na proclama da nova arte revolucionaria en sentido arquitectónico-industrial (produtivismo) e xuntouse con Rodženko (1916), os irmáns Pevsner e Lisitzkij (1920). Entre 1919 e 1920 proxectou e presentou o Monumento á Terceira Internacional. Desde 1933 dedicouse preferentemente á escenografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Inflamación da vaíña dun tendón ou do propio tendón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • tendosinovite.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político ucraíno. Primeiro vicepresidente do consello de ministros da URSS (1976-80) e membro do Politburó (1979-85), en 1980 sucedeu a A. N. Kosygin como xefe do goberno e colaborador de Brežnev. En 1985, unha vez instalado no poder M. Gorbačov, dimitiu por razóns de saúde.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Cantor romántico da revolución, as súas baladas Orda (1920-1921) e Braga (Néctar, 1921-1922) tiveron unha gran popularidade. A novela Vojna (A guerra, 1931) representa unha aposta máis decidida polo realismo socialista. Combinou a poesía coa prosa e foi un autor moi premiado, con obras como Kirov s nami (Kirov connosco, 1941, Premio Stalin 1942), Gruzinskaja vespa (Primavera xeorxiana, 1948, Premio Stalin 1949) e Šest’kolon (Seis columnas, 1969, Premio Lenin 1970).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar ruso. Mariscal e comisario de defensa en 1940, foi derrotado polos alemáns en Minsk e en Biatystock (1941) e dirixiu sen éxito unha ofensiva en Kharkov en 1942. Desde 1945 ata 1947 foi conselleiro militar dos comunistas chineses.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Atracción para nenos consistente nunha plataforma xiratoria, xeralmente circular, onde hai figuras que representan cabalos e outros animais, ademais de pequenos vehículos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mariscal ruso. Antigo oficial tsarista, colaborou na organización do Exército Vermello. Durante a Segunda Guerra Mundial tomou parte na Batalla de Stalingrado (1942) e liberou Stalino (1943). Á fronte do exército do sur, liberou Romanía, Bulgaria e Iugoslavia e avanzou en territorio austríaco ata atoparse co exército estadounidense. Foi nomeado xefe das tropas rusas de ocupación de Austria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista ruso. A súa tese doutoral foi unha investigación histórica sobre as crises industriais en Inglaterra (1894). Difundiu a teoría da desproporcionalidade a través da súa crítica á exposición das causas das crises feita por Marx. Chegou á conclusión de que o derrocamento do capitalismo non era unha necesidade económica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador. Director do Instituto Arqueolóxico Ruso de Constantinopla (1894-1914), a súa Istorija vizantijskoj imperii (Historia do Imperio Bizantino, 1914-1926), foi fundamental para comprender o papel de Bizancio na formación de Rusia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Biólogo ruso nacionalizado británico. Especializouse en entomoloxía e realizou investigacións importantes sobre os ortópteros da Asia central e a migración das lagostas. Foi membro da Royal Society, e en 1945 foi nomeado director da Antilocust Research Centre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Silicato de calcio e cromo, de fórmula Ca3Cr2(SiO4)3. Pertence á familia dos granates, cunha densidade de 3,78 e cunha dureza de 6,5-7. De cor verde esmeralda escura, é un dos granates máis raros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia baixo a advocación de Santalla que dá nome ao concello de Valdoviño, onde se localiza a capital municipal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da comarca de Ferrol situado ao N da Comunidade Autónoma de Galicia, e ao NO da provincia da Coruña (43° 34’ 42’’ N - 8° 08’ 12’’ O). Limita ao N co Océano Atlántico, coa ría de Cedeira e co concello de Cedeira (comarca de Ferrol)L; ao S cos concellos de San Sadurniño e Narón (Ferrol); ao L cos concellos de Cerdido (Ortegal) e Moeche (Ferrol), e ao O co Océano Atlántico. Abrangue unha superficie de 88,2 km2cunha poboación de 6.805 h (2001), distribuída nas parroquias de Lago, Loira, Lourido, Meirás, Pantín, O Sequeiro, Valdoviño, Vilaboa e Vilarrube. A súa capital é o lugar de Aviño, na parroquia de Valdoviño, que se atopa a 112 km de Santiago de Compostela e 68 km da Coruña. Está adscrito ao partido xudicial de Ferrol e á diocese de Mondoñedo-Ferrol.
    Xeografía física
    A configuración do relevo de Valdoviño presenta dúas áreas ben diferenciadas. Por unha banda está o sector setentrional, que se caracteriza por un relevo moi articulado e movido,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • LAGOAS

    Lagoa da Frouxeira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital de Polonia e do voivodato de Mazowieckie (1.610.471 h [2000]). É un nó de comunicacións entre Europa Central e Oriental. Xurdiu na beira esquerda do Vístula, onde se atopa a cidade vella, e a partir do s XVIII expandiuse á outra banda do río. As ramas industriais máis importantes son a da construción mecánica e a da industria metalúrxica. É o principal centro científico, cultural e artístico do país e nela sitúase a Academia de Ciencias de Polonia. É sé arcebispal e primacial de toda a igrexa polaca. Foi capital do ducado de Masovia (1344) e do Reino de Polonia (1596), e en 1655-1656 foi escenario das loitas entre suecos e polacos. No s XVIII tivo un forte crecemento urbano e demográfico e unha intensa actividade artística, literaria e científica. Despois da segunda repartición de Polonia (1793) foi ocupada polos rusos e na terceira (1795) atribuíuse a Prusia. Foi capital do gran ducado de Varsovia (1807-1814) e, desde 1815, da Polonia rusa. Foi escenario das insurreccións nacionais...

    VER O DETALLE DO TERMO