"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
PERSOEIRO
Político e xornalista alemán. O seu nome de nacemento era Karl-Herbert Frahm. Militou nas mocidades socialistas e, cando Hitler accedeu á Chancelería en 1933, foi perseguido e desposuído da nacionalidade alemana. Exiliouse en Noruega, onde se naturalizou co nome de Willy Brandt. Colaborou na organización das Brigadas Internacionais que interviñeron en España durante a Guerra Civil (1936-1939). Durante a Segunda Guerra Mundial refuxiouse en Suecia. En 1945, trala caída do nazismo, retornou a Alemaña, retomando o contacto co Sozialdemokratische Partei Deutschlands (SPD) en 1947. Recuperou a súa nacionalidade orixinaria en 1948. De 1949 a 1957 foi delegado por Berlín para o Bundestag, de 1955 a 1966 foi membro do Parlamento da cidade de Berlín e, en 1957, burgomestre (alcalde) de Berlín. Era alcalde de Berlín (1957-1966) cando se construíu o muro (13.8.1961). Ese acontecemento foi determinante na modificación da súa estratexia política, que procurou un profundo cambio nas relacións internacionais...
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Calidade daquilo que é brando.
-
Dozura ou afabilidade no trato.
-
Condescendencia ou falta de carácter.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Palabra inglesa, derivada do holandés, que significa ‘viño queimado’. Define as bebidas espirituosas obtidas de augardentes de viño destiladas ou redestiladas e avellentadas en barricas de carballo. Despois dunha primeira destilación simple obtense unha augardente de 65-68°. O arrecendo prodúcese a consecuencia do avellantamento, que dura uns 20-25 anos. Unha vez rematado este proceso a graduación pasa a 52-60°. Este tipo de brandy non é común no mercado, pero emprégase para preparar as variedades comerciais, para mesturar con alcohois máis novos e para adicións de caramelo e auga; a graduación final é de 40-45°. Os principais países produtores son Francia, cos seus Cognac e Armagnac, e España. O brandy español máis recoñecido é o de Jerez que acapara o 94% da produción estatal e que, ao parecer, tivo a súa orixe nunha partida de augardente que estaba almacenada en barricas que contiveran viño de Jerez para ser embarcada a Holanda, e que sufriu unha demora, tralo que se comprobou que o...
-
PERSOEIRO
Escritor polaco. As súas novelas de tema político tratan da guerra como Miasto nierpokonane (A cidade invita, 1946) e da creación do estado socialista na tetraloxía Miedzy wojnami (Entre guerras, 1948-1951). Tamén ten obras en contra do Stalinismo e a opresión ideolóxica como Matka Królów (A nai dos reis, 1957). En posteriores publicacións analizou os cambios psicolóxicos e morais que se foron producindo en Polonia.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Pertencente ou relativo ás brañas ou aos propios brañegos.
-
Campesiño montañés que vive onde abundan as brañas. OBS: Este substantivo emprégase na comarca de Mondoñedo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
brañal.
-
-
Sitio ou terreo no que abundan as brañas.
-
Aplícase ao terreo onde hai auga constantemente ou do que está sempre convertido en braña por ter moita humidade.
-
-
PERSOEIRO
Pintor e gravador inglés. Influído por Jean-François Millet e William Morris, do que foi aprendiz entre 1882 e 1884. Pintou temas exóticos como O mercado na praia. Realizou tamén augafortes.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Compañía norteamericana de aviación, fundada no ano 1928. Ten a súa sede en Dallas (Texas). Dedicada primeiramente ao tráfico interamericano, a partir de 1980 organizou diversas liñas a Europa, Asia e Oriente Próximo, a causa do acordo asinado con Air France e British Airways.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero fósil procedente do Oligoceno (35 M a) de Bolivia, é o máis antigo dos atopados en América do Sur. Coñecido só pola súa fórmula dentaria, que parece anticipar a que será a fórmula típica dos Platirrinos (macacos do Novo Mundo), aínda que conserva trazos que o emparentan cos Haplorrinos (semiorde que agrupa os Platirrinos e os Catarrinos do Vello Mundo) africanos, considérase un antepasado dos Platirrinos.
-
PERSOEIRO
Feudatario serbio, señor de Pristina. Segundo a tradición, traizoou ao seu país na batalla de Kosovo Polje en 1389. O seu nome perdura como símbolo da ignominia no folclore serbio. Foi cabeza da dinastía implantada en Serbia na persoa do seu fillo Xurxo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Danza de orixe francesa, de ritmo binario ou ternario, caracterizada por un desprazamento lateral dos pés. Estivo moi de moda desde principios do s XVI ata finais do s XVII. Supuxo a orixe das formas vivas na música clásica.
-
PERSOEIRO
Físico e médico francés. Interesado nas transmisións dos impulsos nerviosos na sinapse, dedicouse ao estudo dos contactos eléctricos imperfectos. Inventou o cohesor (1890), que Lodge (1894) e Marconi (1899) usaron nas primeiras transmisións radiotelegráficas. Intuíu a base física das antenas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Óxido de titanio e uranio, con outros catións que dan unha composición moi complicada e variable. Forma cristais prismáticos rómbicos ou tetragonais. É negro e localízase nas areas auríferas.
-
PERSOEIRO
Poeta salvadoreña. Empregou nalgunhas obras o pseudónimo de Claudia Lars. Foi directora da revista Cultura. Destacan, entre as súas obras, Romances de norte y sur (1946), Donde llegan los pasos (1953) e Girasol (1962). En 1975 publicouse postumamente Poesía última.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que se pode branquear.
-
-
Que branquea.
-
Substancia co poder de branquear que actúa oxidando ou reducindo os materiais tratados con formas incoloras, formen ou non compostos solubles, e que son eliminados por lavado. Algúns deles, os branqueadores ópticos, branquean directamente por un efecto óptico. Xa na Antigüidade se coñecían as propiedades branqueadoras de certas substancias. Na Idade Media, o proceso de branqueo consistía en sucesivas inmersións dos tecidos en lixivias feitas con cinsas de diversas plantas e posterior exposición ao sol sobre a herba. Este procedemento perdurou ata o s XIX. Tralo descubrimento do cloro no s XVIII, este converteuse na base de moitos branqueadores industriais. Cara ao 1920 introduciuse como branqueador o peróxido de hidróxeno. Actualmente o branqueador máis usado é o hipoclorito de sodio (NaClO), que é a base das lixivias modernas. Outros branqueadores oxidantes son o clorito de sodio, empregado para o algodón e o papel; o cloro, usado para o papel, para a fariña e para os tecidos de orixe...
-
Substancia incolora dotada de intensa fluorescencia que absorbe radiación na rexión ultravioleta e visible do espectro e que é fluorescente principalmente na rexión correspondente á cor azul. Aumenta a sensación de brancura nos obxectos amarelecidos aos que se aplica. Actualmente se utiliza para case todos os materiais téxtiles e os papeis brancos.
-
-
-
olver de cor branca ou máis branca algunha cousa.
-
Aplicar xeso ou cal a unha superficie para deixala branca.
-
Limpar algunha cousa para que mostre a súa brancura. Úsase xeralmente referido aos metais.
-
Someter un produto hortícola á operación do branqueo.
-
Dar un lixeiro fervor a determinados alimentos, co fin de suprimir o forte cheiro e sabor de artigos como a coliflor, o repolo ou os riles, entre outros. Emprégase tamén este procedemento para suprimir impurezas, pór máis brancas algunhas carnes, avivar a cor dalgúns vexetais, diminuír o tempo de cocción de hortalizas que se rematan no forno ou facilitar o pelado dalgunhas froitas e verduras.
-
Converter en diñeiro legal o que se obtivo ilegalmente.
-
olverse algunha cousa branca ou clara.
-
Amosar algunha cousa a súa brancura.
-
-
-
Acción e efecto de branquear.
-
Práctica agrícola encamiñada a acadar que os órganos (follas, talos, etc) de certas especies hortícolas (leituga, escarola, apio, etc) queden tenros e sen pigmentación. Con este fin protéxense da luz as partes destinadas ao branqueo.
-
Tratamento con auga quente, vapor a presión ou presión atmosférica ao que se someten os alimentos, polo xeral produtos vexetais, antes da deshidratación, da conxelación ou do envasado. Axuda a preservar as vitaminas e a apariencia externa do alimento, incrementa a velocidade de secado e axuda a unha rápida reconstitución do produto seco. Presenta algunhas desvantaxes, como a perda de sabor picante e de sólidos solubles, azucres, sales e proteínas, ou dunha certa cantidade de vitaminas.
-
Baño químico empregado para eliminar a totalidade ou unha parte dunha imaxe. Emprégase no revelado de películas e na preparación de copias para darlles tons axeitados.
-
Operación de branquear a moeda de billón, unha vez fabricada, para darlle mellor aspecto.
-
Baño químico no que se combinan branqueador e fixador. Emprégase no procesado en cor e coñéceselle tamén co nome de blix.
-
Acción de branquear diñeiro. Trátase, normalmente, dunha entrada clandestina de diñeiro negro no circuíto monetario, sobre todo procedente do tráfico de drogas e doutras actividades ilícitas, para legalizalo.
-
-
-
Comezar a volverse branca algunha cousa.
-
Mostrar algunha cousa a súa brancura.
-