branqueo

branqueo

(

  1. s m

    Acción e efecto de branquear.

    Ex: Para o branqueo dos muros hai que usar cal, como antigamente.

  2. s m [AGR]

    Práctica agrícola encamiñada a acadar que os órganos (follas, talos, etc) de certas especies hortícolas (leituga, escarola, apio, etc) queden tenros e sen pigmentación. Con este fin protéxense da luz as partes destinadas ao branqueo.

    Ex: Para poder comer a endivia é preciso sometela ao branqueo na horta.

  3. s m [ALIM]

    Tratamento con auga quente, vapor a presión ou presión atmosférica ao que se someten os alimentos, polo xeral produtos vexetais, antes da deshidratación, da conxelación ou do envasado. Axuda a preservar as vitaminas e a apariencia externa do alimento, incrementa a velocidade de secado e axuda a unha rápida reconstitución do produto seco. Presenta algunhas desvantaxes, como a perda de sabor picante e de sólidos solubles, azucres, sales e proteínas, ou dunha certa cantidade de vitaminas.

  4. s m [IND/ARTE]

    Baño químico empregado para eliminar a totalidade ou unha parte dunha imaxe. Emprégase no revelado de películas e na preparación de copias para darlles tons axeitados.

  5. s m [NUMIS]

    Operación de branquear a moeda de billón, unha vez fabricada, para darlle mellor aspecto.

  6. branqueo/fixado [IND/ARTE]

    Baño químico no que se combinan branqueador e fixador. Emprégase no procesado en cor e coñéceselle tamén co nome de blix.

  7. branqueo de diñeiro [ECON]

    Acción de branquear diñeiro. Trátase, normalmente, dunha entrada clandestina de diñeiro negro no circuíto monetario, sobre todo procedente do tráfico de drogas e doutras actividades ilícitas, para legalizalo.

    Ex: Coa entrada do euro será máis difícil o branqueo do diñeiro.

Palabras veciñas

branqueable | branqueador -ra | branquear | branqueo | branquexar | branqui(o)- | branquia