"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • Unidade de lonxitude que equivale a cen metros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Unidade de traballo que equivale a cen watts.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz cinematográfica. Coñecida como Audrey Hepburn, obtivo un Oscar en 1953 por Roman Holiday. Participou en numerosos filmes, dos que destacan, Sabrina (1954), War and Peace (1956), Breakfast at Tiffany’s (1961), My Fair Lady (1964), Two for the Road (1966) ou Always (1989).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Deus do lume, fillo de Zeus e Hera. Era tamén o deus dos metais e forxaba armas e máquinas para os deuses e os heroes. No grupo dos grandes deuses olímpicos, é o señor do elemento ígneo, amais dos metais e da metalurxia. Reina sobre os volcáns e traballa nos talleres xunto aos cíclopes. A petición de Tetis, forxou as armas de Aquiles e tamén moldeu con barro o corpo de Pandora. A Ilíada dá dúas versións que explican a súa coxeira, producida cando foi expulsado do Olimpo por Zeus ou pola súa nai. Malia as súas eivas físicas, tivo mulleres tan belas, coma Cárite ou Afrodita. Entre os fillos que a tradición lle atribúe figuran o argonauta Palemón e o escultor Árdalo. Identifícase co deus romano Vulcano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo derivado do grego Ἔ κτωρ, que tradicionalmente se interpreta coma ‘rexedor (do pobo)’; pode vir do verbo ἕ χω ‘ter’, ‘rexer’. Na tradición grecolatina, Héitor é un dos principais heroes da Guerra de Troia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Heroe troiano, fillo primoxénito de Príamo e Hécuba. Do seu matrimonio con Andrómaca naceu Astíanax. A Ilíada preséntao como o guerreiro ideal e heroe piadoso, cheo de xenerosidade e valentía na defensa dos deuses, do país e da patria. Na Guerra de Troia obtivo gloria guerreira pola súa defensa do ferido Sarpedón, a súa loita con Aiax e o asalto ás naves inimigas. A vitoria sobre Patroclo, amigo de Aquiles, motivou que este decidise volver a Ílion para vingarse. No combate entre os dous heroes, Héitor, perdida a axuda que lle prestara ata ese momento Apolo, é asasinado. Logo Aquiles ata o seu corpo ao carro de combate e arrástrao diante dos ollos dos troianos e arredor da tumba de Patroclo; seguidamente, abandona o cadáver no campamento grego para que os cans e as aves de rapina acabasen con el, pero Afrodita e Apolo apiádanse e presérvano da corrupción. Finalmente, Príamo consegue recuperar o corpo do fillo e celebrar os funerais con grandes honras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asteroide número 624 do Catálogo Xeral, descuberto por Kopff o 10 de febreiro de 1907 desde Heidelberg. A súa órbita ten un semieixe maior de 5,1211 UA e unha excentricidade de 0,20. Cando está en oposición vémolo como un astro de magnitude 15,2. Pertence ao grupo dos Troianos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta portugués. É un destacado representante da poesía experimental ou concreta e, nalgunhas das súas composicións, achégase ao surrealismo. Da súa obra poética destacan O Amor em Visita (1958), Os Passos em Volta (1963), O Bebedor Nocturno (1968), as compilacións Poesia Toda I   e   Poesia Toda II (1973), Photomaton & Vox (1979), A Cabeça entre as Maõs (1982), Do Mundo (1994) ou Poemas Ameríndios (1997), ademais dos contos Os Passos em Volta (1963) e as novelas Apresentação do Rosto (1968) e Vocação Animal (1971).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome antigo dos Dardanelos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mártir. Foi martirizado durante a persecución dos vándalos. A súa festivida de celébrase o 3 de xullo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo de Altino, preto de Venecia. Foi discípulo de san Xerome, a quen acompañou, e combateu aos arianos e apolinaristas. A súa festividade celébrase o 3 de xullo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento empregado para medir a intensidade da luz do Sol que chega a un punto determinado da superficie da Terra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador romano (218-222). De nome Sexto Vario Avito Basiano, foi sacerdote do deus Elagabalus en Émesa, a súa avoa, Xulia Mesa, fíxoo pasar como fillo natural de Caracalla e foi proclamado emperador polo exército. Chegou a Roma en 219 e introduciu o culto ao seu deus, mentres que deixou o goberno nas mans da sua nai Xulia Soemias e da súa avoa. En 222 asociou ao trono ao seu primo Alexianus, que reinou como Alexandre Severo trala súa morte ás mans dos pretorianos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dispositivo que reflicte a luz solar. Consiste, fundamentalmente, nun espello dotado dun certo movemento rotatorio que serve para dirixir os raios do Sol nunha dirección determinada, normalmente un sistema receptor, a pesar do movemento do astro no firmamento. Emprégase en astronomía para observar o Sol, en xeodesia para transmitir sinais luminosos a longa distancia, e nas centrais solares para concentrar os raios do Sol nun punto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aeródromo ou área definida sobre unha estrutura artificial elevada ou en superficie, destinada exclusivamente á chegada, saída ou movemento en superficie dos helicópteros, podendo dispoñer de edificios, equipamentos e instalacións de carácter fixo. Pode ser temporal e referirse á superficie de terreo que reúne as condicións mínimas de seguridade para ser utilizada polos helicópteros, normalmente en actividades ligadas a operacións de prevención, vixilancia e extinción de incendios, actividades recreativas ou de transporte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo de organismos moi abundante na natureza, que non constitúen un grupo monofilético, xa que baixo este termo se inclúen representantes de catro filos que non están relacionados filoxeneticamente: platihelmintos, acantocéfalos, nematodos e anélidos. Caracterízanse por ser metazoarios, macroparasitos e de aspecto vermiforme.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que estudia os helmintos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte da zooloxía que trata do estudo e a descrición dos helmintos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente aos helmintos.

    VER O DETALLE DO TERMO