"ARE" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1669.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do latín dos chafoutas ou xerga dos albaneis que corresponde á voz ‘ovos’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ruído ou gargallada que se asemella ao cacarexo das galiñas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
cacarexar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
cacarexo.
-
RIOS
Río de Venezuela que nace na beira esquerda do Orinoco e que forma un verdadeiro canal entre este e o Amazonas. É un caso único no mundo de comunicación entre dúas concas fluviais importantes. A súa orixe débese en parte ao desbordamento do Orinoco pola captura do Casiquiare.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Avogado do Tribunal Supremo. Foi subsecretario do Ministerio de Cultura, secretario xeral do Instituto de Cooperación Iberoamericana, director xeral de RTVE e presidente do Banco Hipotecario. Exerceu como profesor de Dereito Civil e Mercantil na Escuela de Inspección Financiera y Tributaria e no colexio universitario Cardenal Cisneros. No eido político foi deputado e senador por Madrid. Entre as súas obras figuran: La Constitución como fuente de derechos, El recurso de amparo constitucional, La potestad reglamentaria del Consejo General del Poder Judicial, El papel de la cultura en la España de los 80, Estado y RTVE e El mercado Hipotecario.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade da provincia de Nápoles, na Campania, Italia, situada no SL do golfo de Nápoles, ao pé do monte Sant Angelo (66.345 h [1997]). A súa economía baséase na industria estaleira e no sector turístico. Próxima á antiga Stabiae, destruída pola erupción do Vesubio no ano 79 d C, formouse ao redor dun castelo erixido por Federico II no s XIII e ampliado por Carlos de Anjou. Nela tivo lugar en 1284 a batalla naval de Castellammare na que foi derrotado Carlos de Anjou.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Historiador da arte. Doutor en Historia da Arte (1994) pola Universidade de Santiago de Compostela e profesor na Universidade da Coruña. As súas liñas de investigación céntranse na historiografía e estética da arte contemporánea, no gravado galego contemporáneo, no urbanismo e na arquitectura, e no deseño industrial. Foi membro fundador do Ateneo de Ferrol (1975), do Club de Prensa de Ferrol (1987), da revista Ferrol Análisis (1991) e da Asociación Galega de Críticos de Arte (1997), da que foi vocal. Conselleiro do Museo Municipal de Ferrol (1986-1988), foi asesor cultural do concello de Ferrol (1992-1993), asesor científico de Galicia Terra Única e comisario de numerosas exposicións, como Novísimos e Realmente? (2001). Colaborou en varias publicacións, como Luces de Galicia, Grial, Faro de Vigo e La Voz de Galicia. Publicou, entre outras obras, Pasado y futuro del Teatro Joffre (1995), Las primeras vanguardias históricas...
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Guntín baixo a advocación de san Salvador.
VER O DETALLE DO TERMO -
LOCALIDADES
Localidade do concello de Astorga, na comarca de La Maragatería, integrada na provincia de León e na Comunidade Autónoma de Castela e León. Situada á beira do Camiño Francés de peregrinación a Santiago de Compostela, constituía un concello independente ata a súa incorporación ao de Astorga. Declarado Ben de Interese Cultural, está considerado como o arquetipo da arquitectura popular maragata, pois conserva este estilo nos seus edificios, na estrutura e mesmo no pavimentado do asentamento.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político. Alcalde do concello de Ponteareas (1968-2000) ata que unha sentenza de inhabilitación o obrigou a abandonar o cargo. Foi deputado por Pontevedra (1989-1993) e senador (1993-1996) polo Partido Popular, partido do que foi expulsado en xaneiro de 1999 despois dunha longa serie de conflitos xudiciais.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Filóloga. En 1987 gañou o I Premio Literario Ánxel Fole coa obra O trasmundo de Ánxel Fole.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Empresario e político. Fundador e presidente do consello de administración da empresa carroceira Castrosúa, foi copropietario da empresa de transportes Calpita, fundador de Proginsa e da financeira Central Ourensá de Crédito, da que formou parte do consello de administración. Ademais, pertenceu á comisión executiva da asociación de fábricas nacionais de carrocerías de autobuses (Ascabus), á cámara de comercio de Santiago de Compostela, da que foi vocal, ao club de empresarios de Santiago de Compostela e á Compañía de Radio Televisión de Galicia (CRTVG), na que actuou como conselleiro. A súa andaina política limítase á primeira lexislatura galega, cando foi elixido deputado no Parlamento galego por Alianza Popular en 1982.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Cada unha das pezas da rede da xávega, do boliche ou doutras artes de pesca.
-
GALICIA
Historiador. Doutor en Dereito (1997) pola Universidade da Coruña e profesor na facultade de dereito da Universidade da Coruña, especializouse na historia da administración galega na Idade Moderna. Realizou investigacións en Catania (Italia) e Santiago de Chile. Colaborador da Revista Galega de Administración Pública (REGAP) e do Anuario da Facultade de Dereito da Universidade da Coruña, foi autor de El Municipio de Santiago de Compostela a finales del Antiguo Régimen: (1759-1812) (1999).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Un dos modos válidos dos siloxismos da primeira figura, no que a premisa maior e a conclusión son universais negativas e a menor universal afirmativa.
-
PERSOEIRO
Xornalista. Licenciouse en Xornalismo na Universidad Complutense de Madrid e doutorouse en Socioloxía e Ciencia Política na Universidade de Santiago de Compostela. Profesor asociado da facultade de Ciencias da Información da Universidade de Santiago de Compostela, comezou a súa actividade profesional en A Nosa Terra; posteriormente foi director do semanario Tempo Galego, e a partir de 1999, do diario dixital USC, voceiro da Universidade de Santiago de Compostela. Colaborador de Diario 16, La Voz de Galicia, El Progreso, El Correo Gallego e O Correo Galego, entre outras publicacións periódicas. Foi, entre 1986 e 1988, xefe do gabinete de comunicación da consellería de Educación e Cultura e, entre 1991 e 1996, xefe do gabinete do conselleiro de Relacións Institucionais e, despois, de Cultura. Publicou, entre outras obras, El Escolar, El Faro de Veiga e La Voz de Ortigueira (1989) e Elías Valiña (1996), e colaborou nos...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Unidade métrica de superficie que equivale á centésima parte dunha área e, polo tanto, a un metro cuadrado.
-
PERSOEIRO
Pintor. Formado na escola de Llotja de Barcelona e na Accademia di San Luca de Roma, en 1843 estableceuse en Madrid. Destacou como pintor romántico coas obras O Retrato da nena María Miquela de Despujol e o Rapto de Ganimedes.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Membro da Democracia Cristiana Guatemalteca (DCG), foi presidente de Guatemala entre 1986 e 1991. Iniciou conversas coa guerrilla, pero, ante a presión da extrema dereita e do exército, acabou por impoñer unha política represiva.
VER O DETALLE DO TERMO