Castelo Álvarez, Bernardo
Historiador da arte. Doutor en Historia da Arte (1994) pola Universidade de Santiago de Compostela e profesor na Universidade da Coruña. As súas liñas de investigación céntranse na historiografía e estética da arte contemporánea, no gravado galego contemporáneo, no urbanismo e na arquitectura, e no deseño industrial. Foi membro fundador do Ateneo de Ferrol (1975), do Club de Prensa de Ferrol (1987), da revista Ferrol Análisis (1991) e da Asociación Galega de Críticos de Arte (1997), da que foi vocal. Conselleiro do Museo Municipal de Ferrol (1986-1988), foi asesor cultural do concello de Ferrol (1992-1993), asesor científico de Galicia Terra Única e comisario de numerosas exposicións, como Novísimos e Realmente? (2001). Colaborou en varias publicacións, como Luces de Galicia, Grial, Faro de Vigo e La Voz de Galicia. Publicou, entre outras obras, Pasado y futuro del Teatro Joffre (1995), Las primeras vanguardias históricas del siglo XX (1996), Ferrol, morfología urbana y arquitectura civil (1900-1940) (2000) e Rodolfo Ucha Piñeiro 1906-1946 (2001).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Ferrol