"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
PERSOEIRO
Neuropsiquiatra vasco. Foi catedrático de Psiquiatría da Universidade de Xenebra e director do hospital psiquiátrico de Bel Air na mesma cidade, que baixo o seu maxisterio se converteu nun centro de formación de sona internacional. Entre as súas obras destacan Le cortex cérébral (O córtex cerebral, 1960) e Manuel de Psychiatrie de l’enfant (Manual de psiquiatría do neno, 1970).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente aos akans ou á súa lingua.
-
Individuo dun grupo étnico akan.
-
Grupo étnico situado maiormente nas rexións meridionais de Gana e en parte da Costa do Marfil e do Togo.
-
Lingua níxero-congolesa do grupo kwa. Os dialectos máis importantes son o axanti, o fanti e o twi. É a lingua dominante de Gana.
-
-
PERSOEIRO
Realizadora cinematográfica belga. Influenciada por Godard, principiou a súa carreira no cinema experimental. Cabe destacar Je, tu, il, elle (Eu, ti, el, ela, 1974) e Nuit e jour (Noite e día, 1991).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Mineral do grupo da melilita, de fórmula Ca2MgSi2O7. Cristaliza no sistema tetragonal e os cristais son pequenos, de exfoliación clara e cor grisallo-verdosa ou acastañada e estan dispostos en cavidades de drusas. Ten dureza 5-6 e peso específico 2,9.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Denominación das fábulas de animais na literatura india brahmánica; están escritas maioritariamente en prosa, agás a parte onde se sitúa o clímax da acción que adoita ir en verso.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Anna Andrejevna Gorenko.
-
PERSOEIRO
Xornalista e político ruso, fillo do escritor Sergej T. Aksakov. Participou como voluntario na Guerra de Crimea (1854-1856). Rematada a guerra, a Sociedade Xeográfica Rusa encargoulle percorrer Asia Menor. Defensor do paneslavismo e do tsarismo autoritario e ortodoxo, fundou unha serie de xornais como Den (O Día), Moskva (Moscova), entre os que destacou Ruso, un dos diarios máis importantes do imperio.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Gramático, crítico e poeta ruso. Ideólogo da eslavofilia. Escribiu especialmente sobre gramática histórica rusa.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor letón neorromántico. Loitou política e militarmente pola independencia de Letonia e foi membro da Asemblea constituínte (1917-1922). Publicou, entre outras, unha narración autobiográfica (O verán dun rapaz, 1908) e unha obra de tendencia impresionista (Baladas letonas, 1922).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Sulfuro de manganeso, MnS. Cristaliza no sistema cúbico, e os seus cristais adoptan unha estrutura maclada como a blenda; de cor negra-ferrosa ou acastañada e brillo semimetálico. Ten dureza 3,5-4 e peso específico 4,05. Chámase tamén blenda manganesífera.
-
CIDADES
Cidade da Comunitat Valenciana, capital da provincia homónima [274.577 h (1996)]. Situada á beira do Mediterráneo, o seu litoral está ateigado de praias. A súa economía ten un acentuado carácter terciario, como centro administrativo e comercial da provincia e importante núcleo turístico. Malia os vestixios da Idade do Bronce e ibéricos, o núcleo actual é de orixe romana (Lucentum). Ocupada polos musulmáns, formou parte do estado autónomo cristián de Teodomiro. No período final da dominación musulmá foi integrada no Reino de Murcia. Os casteláns tomárona en 1248, ao declararse vasalo o Rei de Murcia. Durante as guerras civís do Reinado de Sancho IV, o infante Fernán de la Cerda fixo doazón de Alacant (1289) a Afonso II de Aragón a cambio de apoio militar, e así en 1304 foi incorporada ao Reino de València. Vila de realengo, na Idade Moderna, mercede ao comercio xerado polo seu porto, Alacant experimentou un proceso de auxe e expansión urbana, mantido incluso durante a crise peninsular do...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia da Comunitat Valenciana [5.863 km2; 1.379.762 h (1996)]. A súa capital é Alacant. Outras localidades importantes son Alcoi, Benidorm, Crevillente, Elda, Elx e Orihuela. O seu litoral é un dos principais focos de turismo na Península Ibérica e os produtos da súa industria do calzado e do xoguete son moi apreciados nos mercados internacionais. A demarcación provincial ten a súa orixe na prefectura bonapartista establecida en 1810, recuperada polo goberno liberal na división provincial de 1822.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome galeguizado de Alacant.
-
-
Relativo ou pertencente a Alacant ou aos seus habitantes.
-
Habitante ou natural de Alacant.
-
-
-
escorpión.
-
As crenzas tradicionais fan mortal a picadura do alacrán, o que se reflicte nos versos populares que rezan: “se te morde o alacrán / busca viño e busca pan, / sacerdote e sacristán, / que mañá te enterrarán”.
-
Nome xenérico de eirugas grandes e peludas.
-
-
PERSOEIRO
Compositor francés, irmán de Marie Claire e de Olivier e discípulo de Dukas e de Dupré. Compuxo obras para órgano, piano e vocais (misas, motetes, etc).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mestre francés. Profesor da clínica neurolóxica da Salpétrière de París (1947-1960). O seu nome pasou á asociación dunha sintomatoloxía pseudo-tabética e dunha espondilite (síndrome de Alajouanine-Françon).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político, economista e historiador mexicano de familia española. Foi ministro en gobernos conservadores (1823-1853) e axudou a facerse co poder a Santa Anna. Escribiu unha Historia de México (1849-1852).
VER O DETALLE DO TERMO -
REXIÓNS
Rexión habitada polo pobo alamano. Nos ss VII e VIII concéntrase no L do Rin e alto Danubio (ó N do lago de Constanza e ao L de Baviera). No s VI entra a formar parte do Reino Franco (de Borgoña; no s IX de Austrasia, Baviera) e do Imperio Franco-Xermánico. Desaparece no ano 1096 ao ser repartida entre o Zähringen e os Staufen. Nas linguas románicas derivouse dela o nome que designa na actualidade a unha gran parte do que foi o Imperio xermánico (Alemaña).
VER O DETALLE DO TERMO -
DUCADOS
Ducado formado polo territorio ocupado polos alamanos no s VI baixo a soberanía franca. Contra o 650 foi suprimido e dividido en dous ducados: o de Alsacia e o de Suabia.
VER O DETALLE DO TERMO