"Est" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2747.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estilo decorativo característico de Francia que se desenvolveu entre o estilo Luís XVI e o estilo Imperio. Tomou o seu nome do réxime que gobernou Francia entre 1795 e 1799. Aplícase sobre todo á creación de mobles e á ourivería. Inspirouse nos motivos ornamentais gregos e exipcios e nos motivos civís, entre outros, o gorro frixio e a pica da liberdade.
-
-
Alteración da sensibilidade, en xeral, por unha percepción diminuída, aumentada ou inadecuada.
-
Anomalía da sensibilidade pola que se percibe como dolorosa unha sensación que non debería selo.
-
Sensación anómala na pel en forma de aguilloadas ou proído.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á disestesia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo de teatro creado en Madrid en 1970 por un grupo de alumnos da Real Escuela de Arte Dramático, entre os que estaban Juanjo Granda e José Pérez Valtierra. Desenvolveu unha liña de traballo baseada na exploración da farsa e do ritual grotesco, que tanta influencia tiveron nas primeiras pezas da literatura dramática galega dos anos setenta. Entre os seus espectáculos cómpre salientar: Paraphernalia de la olla podrida (1972); Pasodoble (1975), a partir de textos de Miguel Romero Esteo; e Danzón de exequias (1974), sobre un texto de Michael de Ghelderode.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade dunha substancia ou materia para ser dixerida.
-
VER O DETALLE DO TERMO
dixerible.
-
-
Proceso complexo, mecánico e enzimático, que ten como finalidade transformar os alimentos inxeridos en moléculas capaces de ser absorbidas pola mucosa intestinal para seren incorporadas á materia viva ou seren empregadas como fonte enerxética. Os enzimas que empregan os animais son: proteases, que degradan as proteínas ata aminoácidos; lipases, que degradan os lípidos ata ácidos grasos e alcohois; e carbohidrases, que hidrolizan os azucres de cadea longa a disacáridos ou monosacáridos. Nos animais celomados a dixestión abrangue tres sectores claramente definidos: bucal, gástrico e intestinal. Na dixestión bucal intervén a disgregación mecánica da mastigación conxuntamente coa secreción salivar, que contén os enzimas que inician a hidrólise dos alimentos. No estómago ten lugar a dixestión gástrica: o bolo alimenticio é sometido á acción dos enzimas catepsina e pepsina en presenza do ácido clorhídrico. A función primordial da dixestión gástrica é a preparación dos alimentos pola hidrólise...
-
Operación de farmacotecnia que consiste na extracción dos principios activos dunha droga mediante un solvente. Realízase por maceración, con axitación a unha temperatura de 35 a 45 °C.
-
Contacto prolongado de dúas substancias para producir unha transformación química. A dixestión emprégase na depuración de augas residuais, na fabricación de papel ou no tratamento e depuración da biomasa. Neste último caso, cómpre distinguir entre a aeróbica, que dá un produto de notable valor fertilizante (compost), e a anaeróbica, que produce unha mestura de gases combustibles ou biogás, e tamén un efluente máis rico en nitróxeno ca o compost.
-
Transformación e incorporación total ou parcial dunha rocha noutra cando esta está a temperatura elevada e se pon en contacto coa outra. É un dos efectos do metamorfismo de contacto.
-
-
-
Relativo ou pertencente á dixestión.
-
Aplícase ao que axuda a facer a dixestión.
-
Conxunto dos órganos que participan na dixestión. O aparato dixestivo é un tubo que normalmente ten dúas aberturas, unha para a entrada de alimentos e outra para a saída dos residuos non dixeridos. Durante a evolución, o tubo dixestivo sufriu unha diferenciación en rexións anatómicas e fisiolóxicas ben particularizadas. Deste xeito, nalgúns invertebrados e en todos os vertebrados, o aparato dixestivo consiste nun tubo con dous extremos, boca e ano, mentres que noutros invertebrados só presentan unha cavidade gastrular e un orificio único. Nos vertebrados, o aparato dixestivo ten unha estrutura constante na que se distinguen as seguintes rexións: boca, farinxe, esófago, estómago, intestino delgado e intestino groso, que remata no ano. A rexión con máis variabilidade morfolóxica é o estómago, que ten función dixestiva grazas á síntese de zumes gástricos. Nas aves, o estómago está dividido en proventrículos e moegas. Entre os mamíferos o estómago máis destacable como complicado é o dos ruminantes,...
-
Conxunto de órganos que dixiren e absorben os alimentos.
-
-
-
Recompilación de regras e decisións xurídicas.
-
ersión resumida dunha obra publicada previamente na que se eliminan as partes que carecen de interese ou que se consideran inapropiadas. A redución pode producirse tamén para aforrar espacio e facilitar a difusión dos seus contidos máis relevantes.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Compilación da xurisprudencia romana clásica, elaborada por Triboniano entre o 530 e o 533 seguindo as ordes do emperador bizantino Xustiniano. Foi promulgada no 533 -co nome de Digesta sive Pandecta iuris- pola Constitución Tanta, que dividiu os cincuenta libros en sete partes: Prota, Pars iudicis, Pars rebus, Umbiculus, De testamentis e outros dous títulos sen nomear; posteriormente, pasou a formar parte do Corpus Iuris Civilis. Segundo o proxecto de Xustiniano, tiña como obxectivo a restauración do antigo Imperio Romano e da súa tradición xurídica e, ao mesmo tempo, a imposición dun conxunto de leis uniformes e homoxéneas sobre o vasto territorio do Imperio. Consérvase en diversas copias, a máis perfecta delas é Pandectae florentinae, realizada entre finais do sVI ou comezos do sVII.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Reactor químico das plantas depuradoras especialmente deseñado para o proceso de dixestión anaeróbica, en particular da fracción orgánica dos residuos e dos lodos de depuradora. Constitúe a peza básica dunha planta de metanización ou de compostaxe anaeróbico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome ruso do río Dniéster.
-
RIOS
Río de Moldavia e de Ucraína, cunha lonxitude de 1.411 km. Nace na ladeira N dos Cárpatos, preto de Dorogobuž, segue unha dirección NO-SL e desemboca no Mar Negro nun amplo esteiro ao S de Odessa.
VER O DETALLE DO TERMO -
XACEMENTOS
Xacemento do Paleolítico superior fóra de covas, en forma de grupos de habitacións, descuberto en 1947 ao NL de Hustopeče, na rexión de Brno. Dátase entre o 28000 e o 26000 a C. Ao carón localizouse un gran depósito de ósos de mamut e o sepulcro dunha muller co cadáver en posición fetal. Tamén se atoparon figuras animais de terra cocida.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto (1881) e doutor en Ciencias Exactas. Foi catedrático de Xeodesia (1888) e de Xeometría Descritiva (1895) na Universitat de Barcelona. Empregou elementos modificados dos estilos clásicos e creou un estilo propio ben aceptado polos ambientes oficiais. Entre as súas obras destacan os edificios da Acadèmia de Ciències (1893), o Palau de Justícia (1885-1908) con Enric Sagnier, a Presó Model (1904) con Salvador Vinyals, o Observatori Fabra (1906), a sede de Catalana de Gas (1908) e o convento das carmelitas, todos eles en Barcelona. Presidiu a Acadèmia de Ciències i Arts e escribiu Tratado de geometría descriptiva e El modernismo arquitectónico (1911).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que se pode domesticar.
-
-
Acción e efecto de domesticar.
-
Paso do estado salvaxe ao estado doméstico dalgúns animais pola acción do home. Este proceso veu dado polos intereses humanos de obter especies domésticas para alimento, servicio, compañía, vestimenta, etc, e comezou polo menos hai once mil anos. As diferentes razas dunha especie doméstica proveñen sempre dunha ou de varias especies salvaxes.
-
-
-
Facer un animal apto para convivir co home.
-
Facer tratable a alguén ao lle moderar a aspereza do seu carácter.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de doméstico.
-
-
Relativo ou pertencente á casa ou ao fogar.
-
Aplícase ao animal que se cría a carón do home.
-
Criado que serve nunha casa.
-
Membro dun equipo ciclista que, nas carreiras de fondo en estrada, ten a misión de auxiliar os compoñentes máis destacados do seu grupo para incrementar as súas posibilidades de vitoria.
-
Eclesiástico ao servizo persoal do papa ou que recibe este nome como título honorífico.
-