Directorio, estilo
Directorio, estilo
Estilo decorativo característico de Francia que se desenvolveu entre o estilo Luís XVI e o estilo Imperio. Tomou o seu nome do réxime que gobernou Francia entre 1795 e 1799. Aplícase sobre todo á creación de mobles e á ourivería. Inspirouse nos motivos ornamentais gregos e exipcios e nos motivos civís, entre outros, o gorro frixio e a pica da liberdade.