directriz

directriz

(

  1. s f

    Liña, norma, regra ou orientación que segue unha persoa ou un grupo nas súas actuacións. OBS: Normalmente, úsase en plural.

    Ex: Os sindicatos seguían directrices comúns na negociación do convenio.

  2. [MAT]
    1. s f

      Liña que guía o movemento doutra liña na xeración dunha superficie ou dunha curva.

    2. directriz dunha cónica

      Recta polar dun foco da cónica que permite definir esta como o lugar xeométrico dos puntos P, para os que o cociente entre a distancia do punto ao foco PF e a distancia perpendicular PD do punto á directriz sexa constante.