"ICE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 774.

  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Barcelona, Catalunya (24.694 h [2001]). Ten industrias do sector siderometalúrxico, de materiais da construción, téxtil, da construción, de papel e das artes gráficas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio situado na provincia de Alacant, Comunitat Valenciana (39.666 h [2001]). A súa economía baséase no sector terciario e nas industrias do cemento, dos materiais de construción, da alimentación e da confección.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Avogado e musicólogo. Estudou dereito na Universidade de Santiago de Compostela e co gaiteiro de Penalta aprendeu a técnica de tocar pechado coa gaita. En 1903 ingresou no corpo administrativo do Ministerio de la Gobernación e iniciou un periplo profesional que o levou por distintos organismos públicos, dos que destacou o seu posto de Secretario do Goberno Civil de Ourense. Ao mesmo tempo investigou na música tradicional galega e colaborou con Casto Sampedro na elaboración do seu Cancionero Musical mediante a recompilación de melodías antigas e profundizou na técnica de fabricación de gaitas de forma artesá. En 1922 comezou a súa colaboración como gaiteiro no coro ourensán De Ruada, que durou ata 1927, co que participou en múltiples actuacións e para o que gravou varios temas. Tamén formou parte do coro Os Enxebres, co que realizou un importante labor de divulgación da música tradicional galega. En 1951 creou, grazas ao patrocinio de Antonio Fernández López, o Taller-Escuela de Instrumentos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Catasós (Lalín). O seu cumio acada os 625 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illa de Cabo Verde (207 km2; 41.792 h [1980]). A poboación concéntrase nas cidades de Porto Grande e Mindelo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de São Paulo, na rexión Sueste, Brasil, situada próxima á cidade de Santos e á baía deste nome (284.551 h [1998]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CABOS

    Cabo do SO de Portugal, en Algarve, que constitúe o extremo suroeste da Península Ibérica e de Europa. Diante deste cabo, en 1797, a escuadra británica, mandada por Nelson, derrotou a española.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico canadense. Investigou a radioactividade, especialmente a desintegración â, e estableceu o denominado diagrama de Sargent, básico para o estudo deste tipo de desintegracións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Descubridor da lápida de Laure de Noves, a amada de Petrarca, participou activamente na vida cultural de Lyon. É autor de Délie, objet de plus haute vertu (1544), Le Soupir, a égloga La saulsaye (1547) e a epopea en tres volumes Microcosme (1562).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á septicemia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Antropólogo estadounidense. Centrou os seus estudos na antropoloxía política, a sociedade primitiva e a orixe e evolución dos estados. En A Primitive Social Organization. An Evolutionary Perspective (1962) estableceu os conceptos de banda, tribo, caudillismo e estado cos niveis básicos de integración sociocultural. Destaca tamén The Hunters (1966), sobre a vida social dos cazadores-recolectores. Xunto con R. Cohen, editou Origins of the State: the Anthropology of Political Evolution (1978), unha visión xeral das principais teorías sobre a formación dos estados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafa. Coñecida como Lisette Model, comezou fotografando persoas anónimas nas rúas de París, cando fuxiu do nazismo. Casada co pintor Evsa Model e instalada en Nova York (1938), colaborou no laboratorio fotográfico dirixido por Rhalp Steiner, no xornal PM’s Weekly, onde publicou a súa serie Promenade des Anglais (1934), e nas revistas Harpper’s Bazaar, Look ou Paris Match.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Nobre e político. Herdou do seu pai o título de conde de Lansdowne e entrou a formar parte da Cámara dos Lores (1762). Foi membro do goberno tory de Greenville (1763) e do whig de Rockingham (1782), a quen sucedeu como primeiro ministro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do voivodato de Sląskie, Polonia, situada ao L da rexión industrial de Alta Silesia (76.487 h [2000]). É un centro metalúrxico e de industria mecánica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dióxido de silicio, de fórmula SiO 2 , que se dá na natureza tanto en forma pura (cuarzo ou cristobalita) coma nunha gran variedade de formas impuras (area, ágata, calcedonia ou ópalo). Aparece en forma de cristais incoloros ou pos cristalinos brancos, e a súa densidade oscila entre 2,65 e 2,80. A sílice presenta unha estrutura polimérica, constituída por tetraedros de SiO 4 cuxos vértices están ocupados por catro átomos de osíxeno. É abundante como compoñente das rochas e infusible e insoluble. Pode prepararse tamén sinteticamente a partir de silicatos solubles, por deshidratación e calcinación. A súa aplicación está fundamentalmente na industria do vidro e da cerámica, como abrasivo, na fabricación de refractarios, como materia prima para a preparación de silicio e silicatos e, en metalurxia, na preparación do ferro-silicio. OBS: Tamén se denomina dióxido de silicio.

    2. Ácido ortosílico obtido por precipitación a 300°C a partir dunha disolución de silicato sólido tratada cun ácido que se emprega como desecante.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á sílice.

    2. Que contén sílice.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Articulación ocasional nunha soa sílaba de dúas vogais en hiato, adoitando ser a primeira delas un [å]. Só se marca en poesía, e non na escrita.

    2. Oclusión ou contracción.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo mosteiro situado en Ourille (Verea). En 922 Aldreto e a súa filla Hodrozia, e Placencio e a súa dona Adosinda, cederon a igrexa de San Vicente de Levita para que se construíuse un mosteiro. En 927 Adosinda cedeu a metade do mosteiro ao de San Pedro de Sorga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Vicente Mohedano Mira.

    VER O DETALLE DO TERMO