Service, Elman

Service, Elman

Antropólogo estadounidense. Centrou os seus estudos na antropoloxía política, a sociedade primitiva e a orixe e evolución dos estados. En A Primitive Social Organization. An Evolutionary Perspective (1962) estableceu os conceptos de banda, tribo, caudillismo e estado cos niveis básicos de integración sociocultural. Destaca tamén The Hunters (1966), sobre a vida social dos cazadores-recolectores. Xunto con R. Cohen, editou Origins of the State: the Anthropology of Political Evolution (1978), unha visión xeral das principais teorías sobre a formación dos estados.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Tecumesh, Michigan

  • Deceso

    Lugar : Santa Barbara, California